9 obras de Galaxia son finalistas nos Premios Follas Novas

Os prestixiosos Premios Follas Novas do Libro Galego completan a súa segunda fase de selección escollendo 9 títulos da Editorial Galaxia, entre os seus finalistas. Na categoría de Ensaio e investigación, resultou escollida a obra De Galicia a Mauthausen, de Alba Garrido, unha proposta que procura dar luz sobre as orixes, contextos, traxectorias vitais e experiencias […]

Presentación da “Antoloxía poética”, de Enrique Labarta, en Santiago de Compostela

O martes 16 de abril, celebrarase, ás 19 h, no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, a presentación da Antoloxía poética, de Enrique Labarta, en edición de Xosé María rey Lema e Xosé Manuel Varela. Acompañando os editores, participarán Manuel Vilar Álvarez, presidente do Museo do Pobo Galego; Jorge Mira Pérez, voceiro da Comisión […]

No aniversario do pasamento de Otero Pedrayo

Tal día como hoxe, hai 47 anos, finaba en Ourense Ramón Otero Pedrayo, unha das máis sobranceiras figuras da Historia da cultura galega. Membro destacado da Xeración Nós, a súa traxectoria vital e intelectual vai dende as cortes republicanas, nas que foi deputado galeguista, ata a presidencia de Editorial Galaxia, cargo que desempeñou ata a […]

Presentación de “O pensamento político de Ramón Piñeiro”, en Lugo

O mércores 10 de abril, celebrarase, ás 19 h, na libraría Trama de Lugo, a presentación de O pensamento político de Ramón Piñeiro, de Serxio María Rodríguez Álvarez.   Acompañando o autor, estará Grial Parga, (Editorial Galaxia).   Serxio María Rodríguez Álvarez publica, na colección Ensaio, O pensamento político de Ramón Piñeiro, unha contribución agra á maneira […]

María Alonso Seisdedos debuta como novelista con “As Jermaine”

Galaxia publica, na colección Literaria, As Jermaine, de María Alonso Seisdedos. Nesta historia, inverosímil e real a partes desiguais, revélasenos, como a imaxe que se forma aos poucos na cubeta dunha cámara escura alumada por unha tenue lámpada da cor do sangue, que somos efémeros actores do presente e peóns do pasado, movidos polos fíos que […]

Rolda de prensa arredor de “Tecendo redes”, en Viveiro

O venres 5 de abril, celebrarase, ás 11 h, na sala do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro, unha rolda de prensa de presentación arredor de Tecendo redes, Premio Vilar Ponte de Novela, de Irene Rega Jul. Acompañando a autora, estarán María Loureiro García, alcaldesa do Concello de Viveiro; e Malores Villanueva, editora. Tecendo redes é unha […]