3 títulos de Galaxia son finalistas nos Premios Follas Novas

Os premios Follas Novas do Libro Galego, que valoran a produción literaria do ano 2023 en Galicia, escolleron, entre os seus finalistas para esta novena edición, 3 títulos de Editorial Galaxia. Na categoría de Divulgación, é finalista Historias do fútbol feminino. De Irene González a Vero Boquete, de Héctor Pena. O autor repasa a historia futbolística, […]

Celebramos o Día do Libro

Hoxe, martes 23 de abril, na Editorial Galaxia celebramos o Día do Libro, unha efeméride que poñemos en valor todos e cada un dos días do ano. Ler é un acto revolucionario e nestas datas invitámosvos a facelo con toda a paixón e ganas. Convidámosvos a sentir a liberdade de entrar nun libro. Destacamos algunhas […]

Galaxia publica a Narrativa Reunida de Luísa Villalta

Editorial Galaxia publica, na súa colección Literaria, o libro de Luísa Villalta, homenaxeada co Días das Letras Galegas 2024, Narrativa reunida, que recolle a obra narrativa que publicou en vida. O volume estará conformado polo libro de relatos Silencio, ensaiamos (1991), un variado conxunto de once narracións nas que xa destacan algunhas das temáticas máis […]

Abel Tomé gaña o Premio García Barros 2024 con “A noite do Oso”

Abel Tomé gaña o Premio García Barros 2024 con A noite do Oso. O xurado, formado por Carlos Loureiro, como secretario do xurado; Noelia Gómez Calvo, xornalista e poeta; Armando Requeixo, crítico literario; Rosalía Morlán, escritora; e Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia; destacou nesta novela a súa capacidade para fusionar realidade e lenda […]

Galaxia estará na Feira do Libro de Ferrol

Mañá, venres 19 de abril, comezará a Feira do Libro de Ferrol, a primeira nesta nova edición, que estará aberta ata o domingo 21. Celebrarase na Praza da Constitución da cidade. Editorial Galaxia estará presente coa seguinte programación: Venres 19, entre as 17:30 h e as 19:00 h / Domingo 21 de abril, entre as […]

9 obras de Galaxia son finalistas nos Premios Follas Novas

Os prestixiosos Premios Follas Novas do Libro Galego completan a súa segunda fase de selección escollendo 9 títulos da Editorial Galaxia, entre os seus finalistas. Na categoría de Ensaio e investigación, resultou escollida a obra De Galicia a Mauthausen, de Alba Garrido, unha proposta que procura dar luz sobre as orixes, contextos, traxectorias vitais e experiencias […]