A exposición “Luísa Villalta. A música das palabras” está dispoñible na nosa sede virtual

Categoría: Nova

A exposición sobre Luísa Villalta Gómez (A Coruña, 1957-2004), poeta homenaxeada na festa das Letras, que repasa a traxectoria biográfica e profesional da polifacética escritora da Cidade Alta, xa está dispoñible na nosa sede MaisGalaxia.

Podedes visitala premendo aquí. Esta iniciativa nace co fin de axudar a comprender quen foi, que nos deixou e que implica a figura de Villalta no panorama cultural contemporáneo de Galicia.

O proxecto componse de 14 paneis que repasan, mediante textos divulgativos e unha ampla información visual, a súa traxectoria vital, intelectual e profesional, facendo parada especial na súa relación coa Coruña, con versos dos seus poemarios e fotografías de Xurxo Lobato.

Os paneis compleméntanse con mesas-vitrina, documentación e obxectos relacionados coa poeta, que completan a información.

Comparte nas túas redes sociais ou por email