Unha lectura para volver a empezar: “Mover ficha”

Categoría: Nova

Rosalía Fernández Rial publica en Editorial Galaxia un Ensaio que non é un libro de texto, non é un manual de instrucións, e tampouco pretende ser exemplo de nada, non sabe a receita didáctica.

A autora invita a dubidar sobre o establecido e tamén reta a todas as persoas que teñen medo a replantearse o estipulado a MOVER FICHA

Se a omnipresenza de estímulos che afecta así a ti, que les, e a min, que agora escribo, como non vai repecutir, moito máis, no noso alumnado? As nosas realidades ramifícanse e esvaécense de tal xeito que as tomas de terra só aparecen cando estamos plenamente presentes. Nestes tempos de metaversos a multiplicarse, manter a concentración, a atención e a ilusión convértese na máis prezada das capacidades. Resulta case imposible permanecermos indiferentes ante a infinidade dos corpos con masa – virtual e real – que loitan por captar a nosa atención. 

Así comeza o primeiro capítulo que inaugura esta publicación. Toda unha declaración de intencións que celebra a liberdade, a experimentación e a autenticidade. 

Unha lectura fundamental que contaxia o positivismo e as ganas de construír un futuro mellor, en conxunto. Podedes ver o tráiler premendo aquí.

Comparte nas túas redes sociais ou por email