Mañá, venres 19 de abril, comezará a Feira do Libro de Ferrol, a primeira nesta nova edición, que estará aberta ata o domingo 21. Celebrarase na Praza da Constitución da cidade.
Editorial Galaxia estará presente coa seguinte programación:
Venres 19, entre as 17:30 h e as 19:00 h / Domingo 21 de abril, entre as 17:00 h e as 18:00 h. Sinatura con Pablo J. Rañales arredor de Os afogados, Premio Illa Nova 2023, na caseta de Central Librera da Rúa Dolores.
Sábado 20, ás 19:30 h. Conversa arredor da visión do océano en Os afogados, de Pablo J. Rañales. Acompañando o autor, estará Iago Fandiño, xestor cultural.
Empregando a linguaxe inclusiva, Rañales achega a súa escrita, a través de diálogos directos, sen artificios. Nesta historia, o autor sitúa a familia ao servizo da comunidade, introducindo o tema do medo, e os tan actuais discursos de odio. Unha interante reflexión sobre a relación coa natureza e a viralización dos discursos de odio, ademais de reflexionar sobre a función da ciencia e a paisaxe nas nosas vidas.
Domingo 21 de abril, ás 18 h. Presentación de Ubasute, de Paula Carballeira.
Acompañando a autora, estará Eugenia Sanmartín, actriz, directora, cantante, e compositora.
En palabras da propia autora, gañadora do Premio Nacional de Literatura Dramática por As alumnas, esta obra trata sobre “as diferentes maneiras que hai de deixar para sempre algo, alguén ou incluso de abandonarse a un ou a unha mesma. Tamén aborda a dificultade de apartar os recordos e o sentimento de culpabilidade, malia que se opte por cambiar de espazo como estratexia para distanciarse deles”.
Vémonos na feira!