Xa podedes ler o primeiro capítulo de “Na canella infinita”

A colección Ronsel inaugúrase coa obra Na canella infinita do escritor moañés Juan Parcero. Podedes ler o primeiro capítulo premendo aquí. Unha novela na que dúas xeracións atópanse nunha vila, Aferróns, consumida pola droga e poboada de pantasmas e sombras. Corren os anos oitenta, un tempo de gran creatividade e militancia cultural, pero tamén de moitas […]
Unha lingua que tece pontes

Hoxe, mércores 21 de febreiro, sumámonos á celebración do Día da Lingua Materna. Unha data sinalada para nós, que conecta co noso compromiso máximo dende 1950: xerar un espazo de resistencia e liberdade para que o noso idioma e cultura poidan ter acollida, en definitiva, medrar. A nosa lingua defínenos como sociedade, como pobo, e […]
Paula Carballeira, Premio Nacional de Literatura Dramática, publica en Galaxia a súa nova obra, “Ubasute”

A Editorial Galaxia publicará nunhas semanas a nova peza teatral de Paula Carballeira, galardoada dramaturga e narradora oral galega, tras o seu Premio Nacional de Literatura Dramática, pola obra As alumnas, tamén publicada por esta editorial. A nova obra titúlase Ubasute, e naceu ao abeiro do programa “Dramaturxias itinerantes / Dramaturgias itinerantes”, froito da colaboración […]
Presentación de “Galicia, distrito industrial”, en Vigo

O martes 20 de febreiro, celebrarase, ás 19:30 h, na Biblioteca da EMAO, en Vigo, a presentación de Galicia, distrito industrial, de Antón Baamonde. Acompañando o autor, estarán Edelmiro Ulloa, xerente da Cooperativa de Armadores; Santiago Lago, catedrático de Economía da Universidade de Vigo; Bibiana Rodiño (Beta Implants); Daniel Hermosilla, CEO de Rodiñas; e Xosé M. Soutullo, […]
Relatos encadeados sobre a memoria

Xa está aquí Lobos nas illas, de Marilar Aleixandre. Despois de gañar o Premio Nacional de Narrativa en 2022 con As malas mulleres, a escritora volve a sorprender cunha lectura que pode lerse como unha novela ou como relatos encadeados sobre a memoria, os segredos das familias, aldeas nun proceso acelerado de mudanza, a Costa da Morte que […]
Relatos ateigados de retranca e sororidade

Publicada na colección Ronsel Literia, a nova obra de Beatriz G. Turnes está formada por relatos protagonizados por personaxes femininas que se atopan no final da súa vida. Con todo, non agardedes atopar en Comando sintrom avoas de pano na cabeza, sentadas a carón da lareira ou enredadas coas tarefas domésticas. A autora presenta mulleres actuais […]
Rolda de prensa arredor de “As múltiples cores da vida”, en Vigo

O xoves 15 de febreiro, celebrarase, ás 13 h, no Edificio Redeiras da Universidade de Vigo, unha rolda de prensa de presentación arredor de As múltiples cores da vida. Corpos, identidades e orientacións sexuais, coordinado por María Victoria Carrera Fernández e Nazaret Blanco Pardo. No acto participarán, María Victoria Carrera Fernández e Nazaret Blanco, coordinadoras do volume; […]
Entender o pensamento político en Galicia

Serxio María Rodríguez Álvarez publica, na colección Ensaio, O pensamento político de Ramón Piñeiro, unha contribución agra á maneira de pensar Galicia. Esta proposta non pretende prescribir, senón entender. Entender, para que hoxe poidamos darlle outra volta máis sobre como queremos que sexa a Galicia do futuro. Ramón Piñeiro, protagonista indiscutible da nosa “batalla cultural” pola definición […]