“Contrabiografía”, unha pescuda das orixes da memoria familiar

Xa está aquí o novo libro de Xabier López López, Contrabiografía. Publicada na colección Literaria, é unha biografía á contra ou non. Un texto da estirpe dos híbridos, o motor desta obra é unha navegación río arriba, unha pescuda das orixes da memoria familiar, unha historia real con trazas de traxedia grega que busca e recrea […]
Galaxia inaugura a colección Ronsel con “Na canella infinita”

Galaxia inaugura a colección Ronsel coa obra Na canella infinita do escritor moañés Juan Parcero. Unha novela na que dúas xeracións atópanse nunha vila, Aferróns, consumida pola droga e poboada de pantasmas e sombras. Corren os anos oitenta, un tempo de gran creatividade e militancia cultural, pero tamén de moitas traxedias persoais, dor e morte. Un achado accidental […]
“Doutor Zhivago” xa está dispoñible en galego

Editorial Galaxia publica na colección Literaria Universal a novela más mítica da narrativa rusa do século XX Doutor Zhivago, de Borís Pasternak, traducida por Aleksandr Dziuba. Publicada por vez primeira, e traducida en Italia en 1957, a publicación de Doutor Zhivago non foi posible en Rusia ata 1988, ao abeiro da soviética Perestroika, e o seu […]
Presentación da novela gráfica “Memorias dun neno labrego”, en Santiago de Compostela

O martes 6 de febreiro, celebrarase, ás 19:30 h, no salón da Fundación Abanca, en Santiago de Compostela, a presentación da novela gráfica Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas, adaptado por Iria Aldegunde, organizada polo Ateneo de Santiago. Acompañando a ilustradora, estarán Pilar Sampedro (Ateneo de Santiago); e Fernando Redondo Neira, presidente da Fundación […]
Galaxia publica “Galicia, distrito industrial”, de Antón Baamonde

O libro, publicado na colección Ensaio de Galaxia, está composto por conversas con Daniel Hermosilla nas que a biodiversidade de industrias en Galicia é protagonista. Despois de publicar Unha nova Olanda. De Ferrol a Oporto: as cidades galegas e o norte de Portugal no escenario global, Baamonde volve a interesarse polo funcionamento da política industrial en […]
Galaxia publicará a “Narrativa reunida” de Luísa Villalta

A comezos de abril, a Editorial Galaxia publicará, na súa colección Literaria, o libro de Luísa Villalta, homenaxeada co Días das Letras Galegas 2024, Narrativa reunida, que recolle a obra narrativa que publicou en vida. O volume estará conformado polo libro de relatos Silencio, ensaiamos (1991), un variado conxunto de once narracións nas que xa […]
Convócase o Premio Illa Nova de Narrativa 2024

Editorial Galaxia, coa colaboración de Ámbito Cultural El Corte Inglés, convoca a oitava edición do Premio Literario Illa Nova de Narrativa 2024, para autores e autoras menores de 35 anos. En 1957 Editorial Galaxia botou a andar a colección Illa Nova, coa que pretendían dar continuidade ao seu proxecto da editorial a través das novas […]
Rolda de prensa de presentación do Premio Illa Nova de Narrativa 2024

O xoves 1 de febreiro, celebrarase, ás 11 h, na librería de El Corte Inglés de Vigo, unha rolda de prensa arredor do Premio Illa Nova de Narrativa 2024. No acto, participarán Fuencisla Cid, Directora de Comunicación, Relacións Institucionais, Marketing e Sostenibilidade de El Corte Inglés en Galicia e Asturias; Xosé M. Soutullo, Director Xeral […]