Rolda de prensa arredor de “Memorias dun neno labrego” e “A música dos Valladares”, en Santiago de Compostela

O mércores 31 de xaneiro, ás 10:30 h, no Pazo da San Roque, en Santiago de Compostela, unha rolda de prensa de presentación arredor de Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas, adaptado por Iria Aldegunde. Acompañando a ilustradora, estarán Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística; Fernando Redondo Neira, presidente da Fundación Xosé […]
Convócase o Premio Galaxia de Novela 75 Anos

BASES EN PDF Pasaron cincuenta anos dende que Carlos Casares gañou con Xoguetes para un tempo prohibido o premio convocado en 1975 para celebrar o 25 aniversario da editorial. Coa chegada de 2025 e o 75 aniversario, Galaxia quere recuperar este premio, que se rexerá polas seguintes bases: 1. Poderán optar ao premio os escritores […]
Presentación de “Ou as dúas estaredes mortas”, en Sober

O martes 30 de xaneiro, celebrarase, ás 18 h, na Biblioteca Pública Municipal de Sober, a presentación de Ou as dúas estaredes mortas, de Xosé Manuel Eyré. Acompañando o autor, estará Paula Vázquez Verao, historiadora e libreira. Publicado na colección Literaria, Ou as dúas estaredes mortas, de Xosé M. Eyré conta noventa e sete vidas en formato de miniconto. […]
Galaxia publica “As múltiples cores da vida”, na colección Feminismos

As múltiples cores da vida. Corpos, identidades e orientacións sexuais, coordinado por María Victoria Carrera Fernández e Nazaret Blanco Pardo, coa colaboración da Universidade de Vigo, é o novo título que engrosa a colección Feminismos de Editorial Galaxia. Este libro, achega traballos, ademais das coordinadoras, de Rebeca Jorge Rodríguez, Ártemis López, Carla Míguez Bóveda, Alejandro […]
Presentación de “O libro secreto da filosofía”, en Rianxo

O venres 26 de xaneiro, celebrarase, ás 20:30 h, no Centro Sociocultural-Auditorio do Concello de Rianxo, a presentación de “O libro secreto da filosofía“, de José Carou, ilustrado por Sara Valcárcel, organizada pola A. C. Barbantia. Acompañando o autor e ilustradora, estarán Margarita Fernández Gómez, profesora e tradutora; Xosé Ricardo Losada, profesor e escritor; Julio […]
Lectura dramatizada de “Morte accidental dun anarquista”, en Vigo

O xoves 25 de xaneiro, celebrarase, ás 20 h, en RioLagares, en Vigo, unha lectura dramatizada arredor de Morte accidental dun anarquista, de Dario Fo, da man dos alumnos da ESAD de Vigo, dirixidos por Ermel Morales. Contará coa participación de María Alonso Seisdedos, tradutora da obra e Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia. […]
Galaxia publica “Lobos nas illas” de Marilar Aleixandre

A comezos de febreiro chegará aos almacéns da editora viguesa Lobos nas illas, de Marilar Aleixandre. Despois de gañar o Premio Nacional de Narrativa en 2022 con As malas mulleres, a escritora volve a sorprender cunha lectura que pode lerse como unha novela ou como relatos encadeados sobre a memoria, os segredos das familias, aldeas nun proceso […]
Xa está aquí “Memorias dun neno labrego”, a novela gráfica

Esta semana chegará ás librarías de toda Galicia Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas, adaptado pola ilustradora Iria Aldegunde. Publicada na colección Novela Gráfica, a adaptación a banda deseñada do clásico de Neira Vilas está debuxada con sentimento e bo pulso narrativo. Eu son… Balbino. Un rapaz de aldea. Coma quen di, un […]