Esta mañá, venres 1 de marzo, celebramos, no Auditorio Xosé Neira Vilas da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, a presentación oficial da nova Sede Virtual de Editorial Galaxia.
No acto, participaron Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia; Xosé M. Soutullo, director xeral; Alba Gil, responsable de Innovación; Antón Vidal Andión, presidente do Consello de Administración, e diferentes autoras e autores da casa, como Antón Riveiro Coello, Marilar Aleixandre, Raquel Castro e Xavier Alcalá.
Deste xeito, Galaxia fixo pública a nova plataforma virtual que pon de manifesto o noso compromiso coa dixitalización. Co obxectivo de achegar os nosos contidos a lectoras e lectores, profesorado, autores e persoas interesadas.
Neste evento, que se puido seguir de maneira presencial e telemática, o equipo de Galaxia, coa colaboración de Inova, Teltek, Ultreia e Territorio Web, explicou as principais liñas de acción do proxecto. Unha iniciativa que busca aliñar a oferta editorial, agora de xeito dixital.
As autoras e autores participantes, que xa dispoñen dun espazo propio, falaron sobre o seu proceso creativo, obra publicada e o que supón o oficio da escrita. Dende hoxe, quen o desexe poderá sumar o seu grao de area contando cun sitio na nosa sede.
Esta ferramenta, subvencionada pola Axencia Galega de Innovación, brinda a opción de manter xuntanzas de maneira telemática, acceder a información sobre as nosas exposicións, historia, catálogo histórico, repositorios ou interactuar de maneira directa cos nosos autores.
As persoas que non puideron asistir á xornada teñen a posibilidade de visualizar o acto a través da seguinte ligazón:
www.youtube.com/live/QOzT1IjVP8g?feature=share
A Galaxia de sempre, máis preto que nunca: