Presentación da Sede Virtual de Editorial Galaxia, en Santiago

Categoría: Nova

O venres 1 de marzo, celebrarase, ás 11 h, no Auditorio Xosé Neira Vilas da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, a presentación oficial da nova Sede Virtual de Editorial Galaxia.

Ao remate do acto, servirase un café a todas as persoas asistentes.

A semana que vén, Galaxia fará pública a nova plataforma virtual que pon de manifesto o noso compromiso coa dixitalización. Co obxectivo de achegar todos os nosos contidos a lectoras e lectores, profesorado, autores e demais persoas interesadas, a editorial estrea un novo espazo no que toda a comunidade poderá ser partícipe.

Esta proposta brinda a oportunidade de manter xuntanzas de maneira telemática, acceder a toda a información sobre as nosas exposicións, historia, catálogo histórico, repositorios ou interactuar de maneira directa cos nosos autores.

As persoas que non podan asistir á xornada poderán visualizar o acto en streaming a través da seguinte ligazón:

A Galaxia de sempre, máis preto que nunca.

Comparte nas túas redes sociais ou por email