A novela gráfica de “Memorias dun neno labrego” conta xa cunha segunda edición

Categoría: Nova

Recén saída do forno, a novela gráfica adaptada por Iria Aldegunde, Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas, xa conta cunha segunda edición.

Esta nova aposta, que adapta a obra máis lida e traducida da literatura galega, conta cunha recepción fabulosa por parte do público lector.

Iria Aldegunde pon en imaxes ese mundo que Balbino contempla ao seu redor cos ollos moi abertos e que adoece por entender, pois, como el afirma, vimos ao mundo cunha alforxa de preguntas.

XOSÉ NEIRA VILAS (Gres, 1928-2015) foi membro numerario da Real Academia Galega e doutor Honoris Causa polas Universidades da Coruña e A Habana. Da súa extensa e variada obra literaria, cómpre salientar “Memorias dun neno labrego” (1961), das novelas galegas máis reeditadas e traducidas.

IRIA ALDEGUNDE (Santiago de Compostela, 2000). Historietista, compaxinou os estudos de Filoloxía Inglesa xunto coa súa formación en banda deseñada na escola profesional O Garaxe Hermético. Participou nos libros colectivos “Florencio” (2022) e “Gaspariño XXI” (2023).

Comparte nas túas redes sociais ou por email