Palabras e música sobre Luísa Villalta para nenos e nenas
O espectáculo xira arredor da obra da poeta da cidade alta da Coruña, Luísa Villalta, homenaxeada no Día das Letras Galegas 2024.
Oviravai prepara para a festa da nosa lingua, a través da música e a palabra, O violino de Luísa. Cun elenco formado por Verónica Santalices e Federico Wellicki, achegará a vida e a obra de Villalta ao público. A iniciativa é unha homenaxe á protagonista das Letras, presentando a súa biografía, desde nena, nunha aventura polas rúas da Coruña na procura da poesía e da música perdidas.
Un espectáculo, dirixido ao alumnado de primaria, que rematará cunha gran sorpresa final onde a rapazada tamén terá participación.
A través de divertidas cancións, Oviravai introducirá os pequenos sobre detalles da obra de Luísa Villata e o Día das Letras Galegas.
Oviravai é unha compañía galega dedicada ao desenvolvemento de contidos educativos e culturais para público infantil e familiar. Os seus fundadores, Verónica Santalices e Federico Welicki, xunto con Érica Welicki Santalices e Xacob Welicki Santalices, conforman o núcleo principal dun equipo que conta con máis de quince artistas de diversas disciplinas.
Na actualidade, conta con 3 libro-cd publicados por Editorial Galaxia:
As andanzas de Paio (2016), Paio e o poder da música (2018) e A miña lingua, a túa lingua (2021).