Celebrada en Vigo a presentación de “Un intre no tempo. Poesía reunida. 1967–2017”, de Xosé Luís Franco Grande

A Casa Galega da Cultura, Fundación Penzol, acolleu onte, pola tarde, a presentación de Un intre no tempo. Poesía reunida. 1967–2017, un volume que recolle a obra poética completa de Xosé Luís Franco Grande, nunha edición ao coidado de Teresa Seara. O acto contou coa participación de Henrique Monteagudo, presidente da Real Academia Galega; Manuel […]
Convócase o II Premio Xosé Neira Vilas de Literatura Xuvenil

A Fundación Xosé Neira Vilas e Editorial Galaxia, coa colaboración da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, co obxectivo de estimular a creación literaria, fomentar a lectura en lingua galega e proporcionar ao público xuvenil obras de calidade que o acheguen aos mundos da ficción e a imaxinación da novela, convocan […]
Presentación en Vigo de “Un intre no tempo. Poesía reunida (1967–2017)”, de X. L. Franco Grande

O xoves 23 de outubro, ás 19:00 h, a Casa Galega da Cultura, Fundación Penzol, en Vigo, acollerá a presentación de Un intre no tempo. Poesía reunida. 1967–2017, un volume que recolle a obra poética completa de Xosé Luís Franco Grande. A edición, ao coidado de Teresa Seara, reúne os catro poemarios publicados polo autor, […]
Editorial Galaxia, Mención Especial nos Premios Benfeito de Consumo 2025

A Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL) concedeu unha Mención Especial na II Edición dos Premios Benfeito de Consumo a Editorial Galaxia, en recoñecemento aos seus 75 anos de traxectoria ao servizo da cultura e da lingua galega. Desde a súa fundación en 1950, Galaxia mantivo un compromiso inquebrantable coa promoción, preservación e dinamización do […]
“Crear porvir: 75 anos de Editorial Galaxia”, na Casa de Galicia en Madrid

A Casa de Galicia en Madrid acolleu un relatorio arredor dos 75 anos de Editorial Galaxia, impartido por Xesús Domínguez Dono, director de Produción da editorial, baixo o título Crear porvir. 75 anos de Editorial Galaxia. Na súa intervención, Xesús Domínguez afondou na singularidade dunha empresa galeguista fundada con finalidade político-cultural, que contribuíu a achegar […]
Rolda de prensa arredor de “Correspondencia (1965-2014)”, en Santiago de Compostela

O mércores 22 de outubro, celebrarase, ás 11 h, no Pazo de San Roque, unha rolda de prensa arredor de Correspondencia (1965-2014), de Xesús Alonso Montero e Xosé Neira Vilas. No acto, acompañando o autor, Xesús Alonso Montero, intervirán Valentín García Gómez, secretario xeral da Lingua; Fernando Redondo Neira, director da Fundación Neira Vilas, e Xosé […]
Lara Dopazo Ruibal, gañadora do Premio da Crítica de Galicia pola súa obra “Contos gringos”

O xurado da XLVIIIª edición dos Premios da Crítica de Galicia, na modalidade de Creación Literaria, acordou outorgar por maioría o galardón a Contos gringos, de Lara Dopazo Ruibal, recoñecendo nela unha voz singular e unha renovación da tradición relatista galega. Na súa acta, o xurado salientou “o estilo e a intensidade das voces que se […]
A Editorial Galaxia recibe a Medalla de Ouro da Universidade de Vigo

Un recoñecemento ao seu compromiso inquebrantable coa lingua e a cultura galega. Por ser unha entidade comprometida cos valores do galeguismo, o pluralismo e a tolerancia; por facer da lingua e a cultura galegas a súa razón de ser. Por todo isto e moitos outros argumentos, a Editorial Galaxia recibiu este venres a medalla de […]