Celebración do acto de presentación de “Unha Galaxia viguesa”, na cidade olívica

Esta mañá celebrouse no Auditorio Municipal do Concello de Vigo o acto de presentación do libro Unha Galaxia viguesa, escrito por Marcos Calveiro e ilustrado por Mara Méndez. O encontro, que encheu o auditorio de rapazada e entusiasmo, converteuse nunha viaxe compartida pola imaxinación, a memoria editorial e a cidade. O autor e a ilustradora […]

Dúas obras de Editorial Galaxia, finalistas nos Premios Frei Martín Sarmiento

A Editorial Galaxia está de noraboa: “Cando o mundo é azul”, VII Premio Carlos Mosteiro, de Óscar Reboiras, e “Washington Square”, de Henry James, traducida ao galego por Clara Bouzada, veñen de ser elixidas finalistas da XXII edición dos Premios Frei Martín Sarmiento. A primeira opta ao galardón na 3ª categoría (5º e 6º de […]

Conversa arredor de “As bocas cosidas”, en Vigo

O venres 10 de outubro, celebrarase, ás 20 h, no MARCO de Vigo, unha conversa arredor de As bocas cosidas, de Marilar Aleixandre, organizada polo Club Faro. Acompañando a autora, estarán Manuel Bragado, editor e escritor; e Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia. En As bocas cosidas, Marilar Aleixandre mergúllase nos silencios da súa propia familia para […]

“Comunicación e novas tecnoloxías. Desafíos para os novos tempos”, en Vigo

Onte, martes 7 de outubro,celebrouse, na Fundación Penzol, en Vigo, dentro do programa Foros Grial. Galicia 2050. Pensar cara adiante, que leva por título Comunicación e novas tecnoloxías. Desafíos para os novos tempos. Un foro apaixonante, coordinado por Víctor F. Freixanes / Llerena Perozo. Todas as persoas que non puideches achegarvos, podedes velo nesta ligazón. 16:15 […]

Convócase o IV Premio de Novela da Galicia Rural

Hoxe, martes 7 de outubro, celebrouse, no Pazo de San Roque, en Santiago de Compostela, a convocatoria do IV Premio de Novela Galicia Rural. No acto interviron Valentín García Gómez, secretario xeral da Lingua; Xosé Miguel Pérez Blecua, alcalde de San Xoán de Río; Marcos Calveiro, director de edicións de Editorial Galaxia; e Óscar Reboiras, […]