Neste Día da Lectura, deixámonos levar polo poder das historias que nos fan medrar

Hoxe celebramos o Día da Lectura, unha data para lembrar o poder dos libros: a súa capacidade para abrir mundos, inspirar preguntas e axudarnos a comprendernos mellor. Queremos festexalo cunha recomendando un libro que vimos de recibir nos nosos almacéns: Unha historia de amor como outra calquera, de Rosa Aneiros, Premio Raíña Lupa de modalidade […]
Xa está aquí “Nailía”, Premio Torrente Ballester 2024

Xa temos nos nosos almacéns Nailía, de Loli Rodríguez Rodríguez, obra gañadora do Premio Torrente Ballester 2024; unha historia de mulleres que brillan mesmo na escuridade. Nailía é unha historia de historias; de amor, desamor e rancor, de superación, esperanza e perdón. A través da voz de Lía, nai, av oa e coidadora, a autora […]
Inauguración da exposición “Castelao. De ‘Sempre en Galiza’ ao Consello de Galiza (1934-1944)”, en Tomiño

O venres 31 de outubro, celebrarase, ás 20 h, no Espazo Isaura Gómez, en Tomiño, a inauguración da exposición “Castelao. De ‘Sempre en Galiza’ ao Consello de Galiza (1934-1944)”. Unha mostra comisariada por Henrique Monteagudo, presidente da Real Academia Galega; organizada pola Fundación Penzol e a Cátedra Institucional Castelao da Universidade de Santiago de Compostela […]
Editorial Galaxia conmemora o seu 75 aniversario reivindicando o papel da edición galega, coa exposición “Crear porvir. 75 aniversario Editorial Galaxia”

A mostra, que continúa na Coruña, exhíbese na Fundación Luís Seoane. Con motivo da celebración do 75 aniversario de Editorial Galaxia, ponse en marcha a exposición itinerante “Crear porvir. 75 aniversario Editorial Galaxia”, unha mostra que percorre a historia da editorial, desde a súa fundación en 1950 ata a actualidade, salientando o seu papel clave […]
Inauguración da exposición “Crear Porvir. Editorial Galaxia (1950-2025)”, na Coruña

O mércores 29 de outubro, celebrarase, ás 19 h, na Fundación Luís Seoane da Coruña, a inauguración da exposición Crear Porvir. 75 Aniversario Editorial Galaxia. No acto intervirán, Carmen Jiménez, directora da Fundación Luis Seoane; Xavier Alcalá, conselleiro e autor de Editorial Galaxia; Severino Álvarez, director territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude; e Antón Vidal, […]
Galaxia publica “Pontealbar”, de Adrián Noia

A colección Costa Oeste de Editorial Galaxia incorpora un novo título ao seu catálogo: Pontealbar, a novela de Adrián Noia, unha historia chea de misterio, ambientada no val do Río Grande. A vida de Pedro de Pontealbar muda por completo cando descobre que a fin do mundo está próxima por culpa dun pacto entre o […]
Convócase o IX Certame de Textos Teatrais Roberto Vidal Bolaño

“Este certame nace pola necesidade de fomentar a escrita de textos teatrais dirixidos ao alumnado de ESO e Bacharelato. Por iso, o IES Ribeira do Louro, a Editorial Galaxia e o Concello do Porriño convocan este certame coa finalidade de crear un fondo de textos teatrais susceptibles de ser representados e lidos por alumnado do […]
A maxia das bibliotecas cobra vida co espectáculo de Tanxarina

Hoxe, 24 de outubro, celebramos o Día das Bibliotecas, espazos que gardan e espallan o coñecemento, a lectura e a liberdade. Baixo o lema “Contra a desinformación: bibliotecas”, esta edición lembra o seu papel esencial na defensa da verdade e do pensamento crítico. Desde Editorial Galaxia sumámonos á celebración cunha homenaxe moi especial: o espectáculo […]