Cando perder o norte é o primeiro paso para atoparse

A perda dunha persoa querida, os recordos que se repiten na memoria, as palabras que nunca se chegan a dicir e a culpa que aparece sen remedio. Unha viaxe en bicicleta convértese aquí nunha busca de sentido: tempo para pensar, para reencontrarse e para conversar con outras persoas que tamén fan o Camiño coas súas […]
Onde comezan as lecturas

Hoxe celebramos o Día das Librarías. Unha efeméride para poñer en valor o labor que realizan as librarías, verdadeiros espazos de referencia cultural. Celebramos o seu traballo diario: abrir portas, recomendar lecturas e crear un lugar onde a curiosidade sempre ten sitio. Nas librarías pasamos horas descubrindo novidades, explorando andeis ou deixándonos guiar por quen […]
O novo libro de Cándido Pazó percorre o espírito da tradición oral galega

O novo libro de Cándido Pazó, O proceso. Apaga o candil, reúne dúas pezas teatrais que dialogan entre si a través dun elo común: a cultura popular galega. En O proceso, o autor recrea a causa xudicial á que foi sometido Curros Enríquez pola publicación de Aires da miña terra, mentres que en Apaga o […]
Editorial Galaxia, Premio da Cultura Galega 2025 na categoría de Letras

O xurado dos Premios da Cultura Galega 2025 distinguiu a Editorial Galaxia na categoría de Letras, un recoñecemento que pon en valor a súa longa traxectoria ao servizo da cultura, da lingua e da literatura galegas. A editorial, fundada en 1950, celebra este ano o seu 75 aniversario, unha efeméride que coincide con este galardón […]
Galaxia recibe unha Mención Especial pola súa contribución á cultura e á lingua galega

Onte, na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, recibimos a Mención Especial na II Edición dos Premios Benfeito de Consumo, concedida pola Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL) en recoñecemento aos nosos 75 anos de traxectoria ao servizo da cultura e da lingua galega. O galardón foi recollido por Antón Vidal Andión, presidente do […]
Nigrán acolle as xornadas “Nigrán e Galaxia. 75 anos da Editorial Galaxia”

O Concello de Nigrán súmase á conmemoración do 75 aniversario de Editorial Galaxia cun ciclo de actividades que se desenvolverán ao longo de todo o mes de novembro no Cine Municipal de Nigrán (Centro Comercial da Ramallosa). As Xornadas “Nigrán e Galaxia. 75 anos da Editorial Galaxia” celebrarán catro venres consecutivos (7, 14, 21 e […]
Abraham Pérez explora a masculinidade, a clase e o desexo en “A vida a arder”

A vida a arder, de Abraham Pérez, é un libro de relatos que afonda nas feridas e incertezas da vida. Un mozo que vai vivir coa súa parella, un home divorciado que inicia a súa xornada laboral, unha rapaza que visita os seus pais tras perder o emprego, unha carta enviada desde Seúl vinte anos […]
Editorial Galaxia estará no Hematofesti 2025!

Dúas obras do noso catálogo formarán parte da programación da II edición do Hematofesti, o festival creado por Miguel A. López (O Hematocrítico), Ledicia Costas e Alberto Vázquez, que continúa o seu legado con novas propostas cheas de creatividade, humor e imaxinación. Martes, 4 de novembro, ás 19:30 h. Libraría Klandestina (Vigo) Celebrarase a presentación […]