O Nadal chega sempre cargado de luz, encontros e ese costume tan noso de agasallar historias. Na Editorial Galaxia queremos facervos máis doado atopar o libro perfecto para cada persoa querida: obras que emocionan, que sorprenden e que acompañan moito máis alá destas datas.
Compartimos algunhas recomendacións do noso catálogo para converter este Nadal nun tempo de boa lectura.
Adelina, de Sandra Lodi
Premio Castelao de Banda Deseñada 2024
Un libro perfecto para quen goza das historias profundamente humanas e visualmente poderosas. Adelina é unha muller que non perdeu nin a teimosía nin a dignidade: foxe da residencia onde está internada para regresar á súa casa. Un relato tenro e rebelde. Un agasallo inesquecible.
As cruces de pedra na Bretaña, de Castelao
Un facsímile imprescindible para amantes da arte, da historia e do propio Castelao.
Nesta obra, o autor afonda na linguaxe expresiva dos cruceiros bretóns e conéctaos coa tradición celto-atlántica. Este libro de formato grande incorpora numerosos debuxos así como láminas con ilustracións feitas polo propio autor e algunhas fotografías.
Illa de sangue, de Carmen V. Valiña
Premio de Narrativa Breve Repsol 2025
Unha novela poderosa, ideal para lectoras que buscan emoción e profundidade. A historia de Helena e das mulleres que a precederon nun territorio marcado polo silencio e polas feridas que pasan de xeración en xeración. Un libro que deixa pouso e que fai pensar: perfecto para regalar a quen aprecia a literatura que transforma.
O lanzador de coitelos, de Fernando Castro Paredes
Premio Galaxia 75 Anos
Thriller literario de alta voltaxe para persoas que queren un libro que as atrape dende a primeira páxina. Un sicario, un poeta húngaro en París, unha operación que sae mal. Unha obra que nos fala sobre a liberdade e a memoria, sobre o fracaso e a corrupción humanas e, tamén, sobre esa busca que emprendemos para descubrir quen verdadeiramente somos: vítimas ou verdugos. Un agasallo elegante e adictivo.
Este Nadal, agasalla historias.