Estás aquí:

Código: 19248

As cruces de pedra na Bretaña

24,70  IVE INCLUIDO

Un estudo presentado en edición facsímile que afonda na linguaxe expresiva dos cruceiros bretóns.

Trátase dun amplo estudo feito no marco do Seminario de Estudos Galegos sobre as cruces de pedra en Bretaña, no que se investiga a linguaxe formal destas expresións artísticas tan características dese país. Castelao pon, ademais, estas cruces en relación coas do mundo celto-atlántico (Escocia, Irlandae Galicia) e afonda na idea de afinidade cultural con eses países. Este libro de formato grande incorpora numerosos debuxos así como láminas con ilustracións feitas polo propio autor e algunhas fotografías.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 96
Deseño: Cartoné
Data Publicación: 30/10/2025
Dimensións 170 x 240 mm.
Colección: Biblioteca Castelao
Nº na colección:
Edición: 2ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-1176-509-1
Observacións:

AUTORES/AS

Castelao, Alfonso Daniel
Castelao

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo 1886-Bos Aires 1950) é unha das personalidades máis ricas e fecundas do movemento galeguista. Licenciado en Medicina, abandonou moi cedo a práctica desa profesión para dedicarse ás que eran as súas verdadeiras vocacións: a arte e a reivindicación integral de Galicia. A súa actividade desenvolveuse na creación literaria, no xornalismo gráfico, na pintura, no teatro e na política. Membro destacado da Xeración Nós e home comprometido, no marco do Partido Galeguista, coa defensa da autonomía para Galicia e coa causa republicana, a súa figura alcanzou co paso do tempo unha dimensión mítica. Entre as súas obras máis importantes están Cousas, Cousas da vida, Os vellos non deben de namorarse, Os dous de sempre, Sempre en Galiza e Retrincos.

En 2011 a Xunta de Galicia declarou a súa obra Ben de Interese Cultural.

As súas obras

Cousas da vida. Animais
foto
esgotado

COLECCIÓN

Biblioteca Castelao

As cruces de pedra na Bretaña
As cruces de pedra na Bretaña por Castelao 2025
24.70€ CON IVE
Castelao pintor
castelao pintor
12.85€ CON IVE
Cincuenta homes por dez reás
Cincuenta homes por dez reás
15.90€ CON IVE
Cousas
cousas
16.55€ CON IVE
Cousas da vida. Animais
Cousas da vida. Animais
15.90€ CON IVE
Cousas da vida. Caciques
Cousas da vida. Caciques
15.90€ CON IVE
Cousas da vida. Homes
Cousas da vida. Homes
15.90€ CON IVE
Cousas da vida. Mulleres
Cousas da vida. Mulleres
15.90€ CON IVE