Estás aquí:

Código: 19256

Illa de sangue

18,50  IVE INCLUIDO

PREMIO DE NARRATIVA BREVE REPSOL 2025

Abondan dez minutos para percorrer a illa. Fan falta millóns de invernos para esquecela. Helena chega a este territorio de sangue procurando encher coas voces das mulleres que a precederon o silencio, os segredos e as palabras que non se din. Coa voz de Coral, que ulía a mimosas e a xuventude e soñou con ser a primeira universitaria da familia. Coas voces de Lucía e María, que renegaron do pai e casaron, mais non foron quen de rachar as cadeas que as unían a el. Coa voz de Lucrecia que renunciou ao seu pelo cor lume por un marido que a abandonou á hora da cea. Mulleres todas elas, Helena, Coral, Lucía, María e Lucrecia, unidas para sempre pola fatalidade dunha illa, unha illa da que non podes saír sendo a mesma. 

 

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 176
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 06/11/2025
Dimensións 150 x 230 mm.
Colección: Literaria
Nº na colección: 527
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-1176-526-8
Observacións:

AUTORES/AS

V. Valiña, Carmen
Carmen V. Valiñas

(Baio, A Coruña, 1985) é doutora en Historia Contemporánea, profesora na Universidade Europea Miguel de Cervantes (UEMC) e creadora e directora de PeriFéricas, Escola de feminismos alternativos (www.perifericas.es). Combina a investigación sobre a memoria das mulleres anónimas dos séculos XIX e XX cunha vertente como escritora de ficción onde as lembranzas, o mundo rural e a autobiografía teñen un peso notable. Escribiu e publicou sobre xornalistas españolas en Oriente Medio e sobre as emigrantes da Terra de Soneira en Suíza, pero dende 2021 as mulleres internas no manicomio de Conxo son as protagonistas absolutas da súa obra, retratadas no ensaio As tolas que non o eran. Mulleres no manicomio de Conxo. 1885-1936 (Galaxia 2025)

En 2024 participou na Residencia Mariñán de Literatura e Pensamento e na Residencia Literaria da Illa de San Simón, que lle serviron para rematar a obra Illa de Sangue (Galaxia 2025), gañadora do Premio Narrativa Breve Repsol 2025

As súas obras

As tolas que non o eran. Mulleres no manicomio de Conxo. 1885-1936
9788411764094
17.35€ CON IVE

COLECCIÓN

Literaria

1Q84. Libro 3
libro3
24.75€ CON IVE
1Q84. Libros 1 e 2
1q
28.15€ CON IVE
O sono das sereas (XI Premio Repsol 2017)
o-sono-das-sereas
17.60€ CON IVE
70º norte
9788411761420
22.55€ CON IVE
900
900
22.60€ CON IVE
A agonía das folerpas
9788491519201
26.10€ CON IVE
A beleza debe morrer
9788411760188
21.40€ CON IVE
A bisneta lercha
a bisneta lercha
15.90€ CON IVE