Fernando Castro Paredes constrúe, en O lanzador de coitelos, unha novela de estrutura sofisticada, onde nada é exactamente o que parece. Os personaxes móvense entre identidades duplicadas, pasados que regresan e decisións que obrigan a preguntarse quen somos realmente: vítimas ou verdugos.
Compartimos as razóns da crítica literaria para lelo:
-
“PROSA BRILLANTE E ENVOLVENTE, QUE INVOLUCRA AO LECTOR”. Ramón Nicolás en La Voz de Galicia.
- “ARGUMENTO QUE IMPACTA, SORPRENDE, QUE NOS FAI CUESTIONAR ABSOLUTAMENTE TODO. CARA AÍ DEBERÍA CAMIÑAR A LITERATURA”. Tensi Gesteira (Sermos Galiza)
- “UN MODO COMPROMETIDO E ESIXENTE DE ENTENDER A LITERATURA E O QUEFACER LITERARIO”. Iago Fernández, en Faro de Vigo
Un agasallo perfecto para quen busca unha lectura que o desafíe e o obrigue a seguir facéndose preguntas.