Convócase o VI Premio de Poesía Bouza Brey 2026

A convocatoria do Premio de Poesía Bouza Brey do Concello de Vilagarcía de Arousa nace da vontade da Concellería de Cultura de recuperar o premio en homenaxe á figura de Fermín Bouza Brey Trillo (1901-1973), un dos fundadores do Seminario de Estudos Galegos, destacado intelectual, xurista e escritor. Non se nos ocorre mellor xeito de […]

Presentación de “Illa de sangue”, en Vigo

O xoves 5 de marzo, celebrarase, ás 19:30 h, na libraría Dolores Ribaldo, en Vigo, a presentación de Illa de sangue, Premio Repsol, de Carmen V. Valiña. Acompañando a autora, estará Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia. Illa de sangue, é a nova obra de Carmen V. Valiña, autora de As tolas que non o […]

“Reencontro” volve ás librarías cunha nova reimpresión

Reencontro, de Fred Uhlman, regresa agora ás librarías nunha nova reimpresión que confirma a súa vixencia e a capacidade de seguir interpelando lectoras e lectores de distintas xeracións. Publicada en 1971 e convertida axiña nun éxito mundial, esta novela breve constrúe unha historia de amizade marcada pola fractura histórica do século XX. Hans, fillo dun […]

A palabra como ponte: chega “Trazo Dobre”

Editorial Galaxia acaba de recibir Trazo Dobre, o novo libro de poesía de Patricia Sánchez Abeal, unha voz que explora o territorio da palabra como espazo de tránsito, reflexión e afecto. Inclúe un limiar de Dores Tembrás, que dialoga coa proposta poética do libro. En Trazo Dobre, o grafito non é só materia: é imaxe […]

“Iceberg”, de Carlos Labraña, Premio O Facho de Teatro Infantil 2025

A nova obra gañadora do galardón aposta por unha aventura no Ártico sobre amizade, supervivencia e regreso ao fogar, con ilustracións de Sara Romero. A editorial Galaxia publica Iceberg, de Carlos Labraña, texto recoñecido co Premio O Facho de Teatro Infantil 2025. A obra sitúanos no Polo Norte, onde a escaseza de alimento obriga a […]

XA EN PREVENDA: “Asasinato no muíño do Cura”, o novo libro de Arantza Portabales

Arantza Portabales é, sen dúbida, unha das voces imprescindibles da novela negra: unha autora de referencia, cunha traxectoria sólida, que leva anos conquistando milleiros de lectoras e lectores. Regresa agora cun dos lanzamentos máis agardados do ano: Asasinato no muíño do Cura, a nova entrega da serie “Os crimes de Loeiro”, tras Asasinato na casa […]

Presentación da revista Trasalba da Fundación Otero Pedrayo, en Vigo

O martes 24 de febreiro, celebrarase, ás 19:30 h, na sede da Fundación Penzol, na Casa Galega da Cultura, de Vigo, terá lugar a presentación do número 2 da revista Trasalba, que edita a Fundación Otero Pedrayo. No acto participarán Xosé Antonio López Silva, membro do consello editorial da revista, e Xosé Manuel Soutullo, director da Fundación Penzol. […]