A muller que mudou a nosa literatura

Hoxe, 23 de febreiro, celebramos o Día de Rosalía de Castro. A capitá das nosas letras. Tal día coma hoxe, en 1837, nacía en Santiago de Compostela unha das figuras fundacionais da literatura galega e a voz máis poderosa do Rexurdimento. A súa obra, inseparable de Galicia, non só dignificou a lingua: puxo palabras á […]
Mañá comezan as actividades complementarias de “Un país ilustrado. As cubertas de Galaxia”

A exposición Un país ilustrado. As cubertas de Galaxia, que pode visitarse no MARCO, inicia mañá o programa de actividades complementarias organizado en colaboración entre o museo e Editorial Galaxia. Actividades complementarias 1. Roteiro guiado “A presenza de Rosalía en Vigo” Sábado 21 de febreiro, ás 12:00 h Saída: Oliveira do Paseo de Alfonso Remate: […]
Presentación de “Eu son de aquí e de alá”, en Pontevedra

O xoves 19 de febreiro, celebrarase, ás 19 h, na libraría Paz, en Pontevedra, a presentación de Eu son de aquí e de alá, de Tamara Andrés. Acompañando a autora, estarán Cynthia Menéndez, autora e libreira; e Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia. Editorial Galaxia publica na colección Literaria Ronsel Eu son de aquí e […]
Editorial Galaxia publica “Agora non é antes. Ideas para unha revolución tranquila”, o novo libro de Antón Baamonde

Editorial Galaxia incorpora ao seu catálogo Agora non é antes. Ideas para unha revolución tranquila, o novo ensaio de Antón Baamonde (Vilalba, 1959), unha reflexión crítica sobre o momento histórico que atravesa Galicia e as posibilidades que se abren nun contexto de transformación acelerada. Neste volume, Baamonde propón ler Galicia desde unha perspectiva renovada: combater […]
Tamara Andrés publica “Eu son de aquí e de alá”, a súa primeira obra narrativa, na colección Literaria Ronsel

Editorial Galaxia publica na colección Literaria Ronsel Eu son de aquí e de alá, o primeiro libro de narrativa de Tamara Andrés, autora cunha sólida traxectoria como poeta e investigadora, e actual directora da colección Dombate da editorial. Neste volume, Tamara Andrés vai á procura de Matilde Lloria (1912-2002), poeta que viviu a cabalo entre […]
Entroido galego: a tradición que pasa pola mesa

O Entroido galego é unha das festas populares máis antigas de Europa. Con raíces agrarias, romanas, cristiás e medievais, definida, especialmente, pola súa gastronomía: abundante, identitaria e fondamente ligada á memoria. En Editorial Galaxia propoñemos celebrar o Entroido tamén desde a lectura, con tres libros que entenden a cociña como parte da nosa historia e […]
Falece Xesús Alonso Montero, mestre, intelectual e referente da cultura galega

A cultura galega recibiu hoxe a noticia da norte dunha das súas súas voces máis sólidas e comprometidas. Xesús Alonso Montero (Vigo, 1928), filólogo, ensaísta e investigador, desenvolveu unha traxectoria exemplar ao servizo da lingua, da memoria democrática e do pensamento crítico. Licenciado en Filoloxía Románica e doutor pola Universidade de Salamanca, desenvolveu unha ampla […]
Presentación de “Rotspanier. Un miliciano galego no exilio francés 1939-1946”, de Juan Galán

O venres 13 de febreiro, ás 20 h, a Alianza Aresana, en Ares, acollerá a presentación de Rotspanier. Un miliciano galego no exilio francés 1939-1946, de Juan Galán. Nesta obra, Juan Galán reconstrúe a peripecia vital de Joaquín Fernández Millán, mariñeiro da Pobra do Caramiñal que, tras emigrar ao País Vasco na década de 1920, […]