A Editorial Galaxia vén de ser recoñecida co Premio de Honra da Asociación Galega de Editoras nos Premios Follas Novas do Libro Galego 2026, unha distinción que celebra a súa traxectoria no ano do seu 75 aniversario e recoñece a súa contribución ao desenvolvemento da cultura galega.
Ademais deste recoñecemento, Editorial Galaxia conta cunha destacada presenza entre as obras finalistas, sumando oito candidaturas en distintas categorías:
Finalistas de Editorial Galaxia nos Premios Follas Novas 2026
- As tolas que non o eran. Mulleres no manicomio de Conxo 1885-1936, de Carmen V. Valiña, finalista ao Premio á Obra de Ensaio e Investigación
- Contáronme un conto mal contado. Onde estaban as mulleres na historia?, coordinado por Susana Reboreda Morillo, finalista ao Premio á Obra de Divulgación
- Son como glaciares os barcos de aceiro, de Cynthia Menéndez, finalista ao Premio á Obra de Narrativa
- Punto de araña, de Nerea Pallares, finalista ao Premio á Obra de Narrativa
- Unha historia de amor coma outra calquera, de Rosa Aneiros, finalista ao Premio á Obra Xuvenil
- Adelina, de Sandra Lodi, finalista ao Premio ao Libro de Banda Deseñada, Gráfico e Humor
- Rosalía Oculta, de Paula Mayor, finalista ao Premio ao Libro de Banda Deseñada, Gráfico e Humor
- O proceso. Apaga o candil, de Cándido Pazó, finalista ao Premio ao Libro de Teatro
Desde Editorial Galaxia queremos expresar o noso profundo agradecemento á Asociación Galega de Editoras por este Premio de Honra, unha distinción que recibimos con emoción no marco dun aniversario tan especial para a editorial.
Parabéns tamén ás nosas autoras e autores finalistas, cuxo talento e excelencia creativa fan posible este novo recoñecemento colectivo.
As obras gañadoras daranse a coñecer o vindeiro 9 de maio, na gala que se celebrará no Teatro Principal de Santiago de Compostela.