Celebramos o primeiro acto arredor das Letras Galegas 2026

O xoves 12 de febreiro, ás 19 h, celebrarase, na Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas, en Vigo, o primeiro acto editorial arredor da celebración das Letras Galegas 2026: a presentación de A nena que perdeu un zapato na lama, de Ramón Nicolás, ilustrado por Carlos Gallego. No acto participarán o autor e o ilustrador, […]
Editorial Galaxia presenta a súa proposta para as Letras Galegas 2026 dedicadas a Begoña Caamaño

A autora que lle deu voz propia aos mitos Editorial Galaxia pon en marcha unha ampla programación editorial, educativa e cultural con motivo das Letras Galegas 2026, dedicadas a Begoña Caamaño, unha autora fundamental da literatura galega contemporánea polo seu labor de relectura dos mitos clásicos desde unha perspectiva feminista e crítica. A proposta editorial […]
Falece Xulián Parga, conselleiro de Editorial Galaxia

Desde Editorial Galaxia lamentamos fondamente o falecemento de Xulián Parga, conselleiro da editorial, ocorrido aos 90 anos de idade en Lugo. Xulián Parga formou parte do consello editorial de Galaxia durante anos, participando con compromiso e lealdade nun proxecto cultural ao que estivo fondamente vencellado. A súa achega caracterizouse pola discreción, a proximidade e a […]
Galaxia incorpora cinco novos audiolibros ao seu catálogo dixital

Editorial Galaxia amplía o seu catálogo dixital coa chegada de cinco novos audiolibros xa en distribución. Obras de narrativa que chegan agora ao formato sonoro abrindo novas vías de acceso á lectura en galego. Runrún, de Ana Varela Narración de Bea García e Teresa Santamaría Tras a morte prematura dos seus pais, Aldara sofre un […]
María López Sández asume a dirección da revista Grial

María López Sández é a nova directora da revista Grial. O seu nomeamento fíxose público onte, xoves 5 de febreiro, coincidindo coa presentación do número 248 da publicación, celebrada na libraría Couceiro, en Santiago de Compostela. No acto participaron, xunto coa nova directora de Grial, Henrique Monteagudo, presidente da Real Academia Galega; Llerena Perozo e […]
Presentación “Grial 248. Comunicación e novas tecnoloxías”, en Santiago de Compostela

O xoves 5 de febreiro, celebrarase, ás 19:30 h, na libraría Couceiro, en Santiago de Compostela, a presentación de Grial 248. Comunicación e novas tecnoloxías. Contará coa participación de María López Sández, directora da revista Grial; Henrique Monteagudo, presidente da RAG; e os coordinadores do Foro Comunicación e novas tecnoloxías, Llerena Perozo, escritora; e Víctor F. […]
Presentación: Xaime Isla Couto. Entre o “Galiza ceibe” e o “Venceremos nós”, en Vigo

O martes 3 de febreiro, celebrarase, ás 19:30 h, na Casa Galega da Cultura, en Vigo, unha presentación arredor de Xaime Isla Couto. Entre o “Galiza ceibe” e o “Venceremos nós”, de Marcelino Agís Villaverde. Intervirán no acto Manuel Puga, presidente da Fundación Penzol; Silvestre Gómez Xurxo, presidente de SEPT e padroeiro da Fundación Penzol; Abel Caballero, […]
Abrimos as portas da exposición “Un país ilustrado. As cubertas de Galaxia”, en Vigo

Hoxe, celebramos, no MARCO de Vigo (Galería B1, 1º andar), a apertura de portas para todo o público da exposición UN PAÍS ILUSTRADO. As cubertas de Galaxia. Estará dispoñible ata o 17 de maio de 2026. A mostra está comisariada por Xurxo Martínez González, coa coordinación e deseño de Hayat Husein, e producida polo MARCO […]