Cada 21 de marzo celebramos o Día da Poesía, unha data para lembrar que a poesía segue a ser unha das formas máis intensas de mirar o mundo. Nun tempo de présas, os poemas obrígannos a parar, dan espazo á emoción e á palabra.
En Editorial Galaxia celebramos este día poñendo en valor as voces poéticas do noso catálogo e, de maneira especial, a colección Dombate, dirixida por Tamara Andrés, que continúa a ofrecer un espazo coidado para a poesía galega.
Neste Día da Poesía convidamos a achegarvos a tres libros recentes do noso catálogo:
-
Celaxe, de Alicia Fonteboa, un libro no que se esfián ceos, corpos e linguas nunha proposta dun rexistro de voces líquidas, de linguas-paxaro, de silencio pedernal.
-
Trazo dobre, de Patricia Sánchez Abeal, un poemario que explora a palabra como lugar de encontro, ponte e afecto. Limiar de Dores Tembrás.
-
A distancia do século, de Ánxel Huete, unha proposta poética que dialoga coa memoria e co presente a través dunha linguaxe condensada e suxestiva. Limiar de Xosé María Álvarez Cáccamo.
Tres libros, tres voces e moitas maneiras de sentir a poesía.