O trazo aquí é dobre porque o grafito sinala imaxe e reflexo. Quen escribe sábese limiar, ábrese en canal e en ponte, desprega un mantel limpo sobre o vello mapa de Europa. Nesta mesa sen fronteiras, as historias entrecrúzanse, as linguas son bífidas. Falar aquí non pode ser unha liña continua; é máis ben unha cuestión de afecto, unha tarefa de aproximación

Patricia Sánchez Abeal (Betanzos, 1981) viviu en diferentes lugares do mundo, o que reafirmou a súa querenza por estar preto do mar. Preside a asociación Proxecto Ewa, colabora de xeito habitual no Club Faro de Vigo e foi codirectora do festival PoemaRia. Con Oceanografía obtivo un accésit no Certame de Poesía Francisco Añón 2011.