Galaxia e El Corte Inglés presentan en Vigo as bases do X Premio Illa Nova de Narrativa

Categoría: Nova

Vigo, 16 de marzo de 2026. Esta mañá celebrouse, na libraría de El Corte Inglés de Vigo a rolda de prensa de presentación das bases do X Premio Illa Nova de Narrativa, convocado por Editorial Galaxia coa colaboración de El Corte Inglés.

No acto participaron Fuencisla Cid, directora de Comunicación, Relacións Institucionais e Marketing en Galicia; Malores Villanueva, coordinadora do Premio; e Xosé Manuel Soutullo, director de Editorial Galaxia, que deron conta dos detalles desta nova edición dun certame dirixido a impulsar novas voces da narrativa galega. 

O Premio Illa Nova de Narrativa, coa colaboración de El Corte Inglés no seu apoio á cultura galega, consolídase así como unha iniciativa que impulsa á creación literaria en galego e recoñece a autores e autoras novas, ao tempo que reforza a sinerxia entre dúas entidades comprometidas coa difusión da nosa cultura.

As bases completas do certame poden consultarse aquí.

Comparte nas túas redes sociais ou por email