Mar Maior volve cun catálogo renovado

Categoría: Nova

Proxectar novas voces da narrativa galega do catálogo de Editorial Galaxia alén de Galicia é o obxectivo do selo MAR MAIOR, que este mes de abril comeza unha nova xeira.

A presentación terá lugar no Círculo de Bellas Artes de Madrid o 16 de abril cunha rolda de prensa para medios. Á tarde, o acto aberto ao público terá lugar na librería Machado, situada no mesmo edificio, proxectado polo arquitecto porriñés Antonio Palacios.

Para a distribución dos títulos cóntase con Interleo, empresa do grupo Arnoia, cunha ampla e solvente experiencia no sector do libro.

MAR MAIOR reinicia deste xeito a súa actividade cunha selección de títulos que se publicarán ao longo do ano 2026, comezando con Cuentos gringos, de Lara Dopazo Ruibal; Las Jermaine, de María Alonso Seisdedos; Runrún, de Ana Varela; Argonautas en el laberinto (Premio de Novela Camiño de Santiago 2024), de Fernando García Calderón, e as novelas Morgana en Esmelle e Circe o el placer del azul, de Begoña Caamaño, homenaxeada no Día das Letras Galegas 2026.

Para máis información premede aquí.

Comparte nas túas redes sociais ou por email