Mar Maior volve cun catálogo renovado

Proxectar novas voces da narrativa galega do catálogo de Editorial Galaxia alén de Galicia é o obxectivo do selo MAR MAIOR, que este mes de abril comeza unha nova xeira. A presentación terá lugar no Círculo de Bellas Artes de Madrid o 16 de abril cunha rolda de prensa para medios. Á tarde, o acto […]
A Penzol conmemora cunha exposición o 50 cabodano de Ramón Otero Pedrayo

A Fundación Penzol inaugurou na Casa Galega da Cultura de Vigo a exposición Ramón Otero Pedrayo. 1888-1976, unha mostra biobibliográfica que rende homenaxe a unha das figuras máis destacadas da cultura galega no marco do Ano Otero Pedrayo, declarado con motivo do cincuenta aniversario do seu pasamento. A iniciativa conta coa colaboración da Cátedra Institucional […]