Editorial Galaxia estará presente na Feira do Libro de Santiago cunha programación que convida a achegarse, descubrir novidades e compartir tempo arredor dos libros, con propostas pensadas para públicos diversos.
A feira celébrase no Paseo central da Alameda de Santiago de Compostela.
Programación:
Venres, 2 de maio
19:30 h
Sinatura de “As humidades”, con Alba Tomé, na caseta de Numax.
Mércores, 7 de maio
18:00 h
Sinatura de “Nailía”, con Loli Rodríguez, na caseta da Libraría Pedreira.
18:00 h
Sinatura arredor de “Asasinato na casa do muíño”, con Arantza Portabales, na caseta da libraría Agrasar.
Venres, 8 de maio
17:30 h
Obradoiro “Unha aventura máxica con Rosalía”, actividade de cómic con Paula Mayor arredor de “Rosalía oculta” (a partir de 8 anos).
18:00 h
Sinatura de “Sentinelas” (partes 1 e 2), con Alexandre Senande e Andrés Castro, na caseta da Libraría Pedreira.
18:30 h
Actividade “Perpetuando a José Suárez”, do proxecto “Perpetuando: convértete na protagonista dunha das súas imaxes”, de Olaia Sendón.
19:30 h
Conversa “As tolas que non o eran” e “Rotas”, con Carmen V. Valiña e Montse Fajardo.
Venres, 9 de maio
12:00 h
Sinatura de “Punto de araña”, con Nerea Pallares, na caseta de Secretaría da Feira.
Domingo, 10 de maio
18:30 h
Conversa “Ficcionar a dor”, con Ana Varela e Aurelio Serrano. Modera María Nieto.
20:30 h
Mesa redonda “Falamos de Begoña Caamaño”, arredor das obras “Volveredes brindar por min. Unha biografía de Begoña Caamaño”, de Ana Romaní e María Xesús Nogueira; “O transgredir das ondas”, de Paula Carballeira; e “Begonha Caamanho, uma das nossas”, de Lara Rozados e Charo Lopes.
Unha invitación a coñecer novas historias.