Xosé de Cea gaña IV Premio de Novela da Galicia Rural con “Nacional 547”

No día de onte reunido telematicamente o xurado a da IV Edición do Premio de Novela da Galicia Rural convocado Concello de San Xoán de Río, co apoio e patrocinio da Secretaria Xeral da Lingua da Xunta de Galicia e a colaboración da Editorial Galaxia, composto por Tania Vázquez García, Armando Requeixo Cuba, Óscar Reboiras […]
Galaxia e El Corte Inglés presentan en Vigo as bases do X Premio Illa Nova de Narrativa

Vigo, 16 de marzo de 2026. Esta mañá celebrouse, na libraría de El Corte Inglés de Vigo a rolda de prensa de presentación das bases do X Premio Illa Nova de Narrativa, convocado por Editorial Galaxia coa colaboración de El Corte Inglés. No acto participaron Fuencisla Cid, directora de Comunicación, Relacións Institucionais e Marketing en Galicia; […]
Convócase a X edición Premio de Narrativa Illa Nova 2026

Editorial Galaxia, coa colaboración de El Corte Inglés no seu apoio á cultura galega, convoca a décima edición do Premio Literario Illa Nova de Narrativa 2026, para autores e autoras menores de 35 anos. En 1957 Editorial Galaxia botou a andar a colección Illa Nova, coa que pretendían dar continuidade ao seu proxecto da editorial […]
Convócase o 7º Premio “O GARAXE HERMÉTICO” de Banda Deseñada

Dada a nova realidade creativa que dende o ano 2012 está a agromar en Galicia nas aulas da Escola Profesional de Banda Deseñada O Garaxe Hermético, e dado o compromiso de Editorial Galaxia para fortalecer as canles de publicación de obras de cómic en lingua galega, ambas as empresas uníronse para convocar o: VII PREMIO […]
Presentación de “Cántigas populares”, en Ferrol

O xoves 12 de marzo, celebrarase, ás 20 h, no 1º andar, no Salón de Actos da sede do Real Coro Toxos e Froles, en Ferrol, a presentación de Cántigas populares, de Dorothé Schubart e Antón Santamarina. Contará coa participación de Santamarina, e Pipo Arribe (Real Coro “Toxos e Froles”). O libro reúne unha escolma de […]
Editorial Galaxia recupera “A orella no buraco”, de María Xosé Queizán

Editorial Galaxia rescata A orella no buraco, a primeira novela de María Xosé Queizán, publicada en 1965. Considerada unha obra innovadora, trasladou á literatura galega os postulados do Nouveau Roman francés a través do vagar dun personaxe marxinal por unha cidade europea. Este experimento formal, que procuraba a renovación da literatura do país e o […]
Historias de mulleres nas que mirarnos #8M

O 8 de marzo, Día Internacional da Muller, é tamén unha oportunidade para volver ás historias que nos permiten entender mellor o mundo e a nós mesmas. Desde Galaxia queremos celebrar esta data propoñendo algunhas lecturas que poñen no centro as experiencias das mulleres. Novelas que nos falan de vínculos, perdas, rebelións e esperanzas, e […]
Presentación de “8 ensaios sobre Rosalía”, en Santiago de Compostela

O xoves 5 de marzo, celebrarase, ás 19 h, na libraría NUMAX, en Santiago de Compostela, a presentación de 8 ensaios sobre Rosalía. No acto, intervirán Dolores Vilavedra, Doutora en filoloxía galega; e Kathleen March, filóloga e experta en estudios hispánicos, latinoamericanos e portugueses, estudosa da literatura galega. Coa celebración do seu 75 aniversario, Editorial Galaxia […]