Mar Maior volve cun catálogo renovado

Proxectar novas voces da narrativa galega do catálogo de Editorial Galaxia alén de Galicia é o obxectivo do selo MAR MAIOR, que este mes de abril comeza unha nova xeira. A presentación terá lugar no Círculo de Bellas Artes de Madrid o 16 de abril cunha rolda de prensa para medios. Á tarde, o acto […]

A Penzol conmemora cunha exposición o 50 cabodano de Ramón Otero Pedrayo

A Fundación Penzol inaugurou na Casa Galega da Cultura de Vigo a exposición Ramón Otero Pedrayo. 1888-1976, unha mostra biobibliográfica que rende homenaxe a unha das figuras máis destacadas da cultura galega no marco do Ano Otero Pedrayo, declarado con motivo do cincuenta aniversario do seu pasamento. A iniciativa conta coa colaboración da Cátedra Institucional […]

Editorial Galaxia participou en dous encontros culturais en Madrid

Editorial Galaxia participou os días 27 e 28 de marzo en dous encontros celebrados en Madrid arredor da cultura galega e da proxección da galeguidade. O venres 27 de marzo celebrouse, na Biblioteca do Centro Galego de Madrid, a conferencia Crear porvir. 75 anos de Editorial Galaxia, impartida por Xesús Domínguez Dono, director de Produción […]

100 anos de Dario Fo: a risa como forma de resistencia

Hoxe cúmprense 100 anos do nacemento de Dario Fo, unha das voces máis incómodas e necesarias do teatro. Autor, director e actor, fixo da sátira unha ferramenta de denuncia fronte ao poder, cunha obra marcada pola crítica social, política e cultural. En Editorial Galaxia contamos no noso catálogo con Morte accidental dun anarquista, traducida por […]

Celebramos o Día da Poesía

Cada 21 de marzo celebramos o Día da Poesía, unha data para lembrar que a poesía segue a ser unha das formas máis intensas de mirar o mundo. Nun tempo de présas, os poemas obrígannos a parar, dan espazo á emoción e á palabra. En Editorial Galaxia celebramos este día poñendo en valor as voces […]