Editorial Galaxia impulsa a colección Biblioteca 75 aniversario cunha promoción especial ata o 21 de xuño. Podedes adquirila premendo aquí.
Editorial Galaxia continúa a celebrar os seus 75 anos de historia coa Biblioteca 75 aniversario, un proxecto editorial que recupera textos fundamentais da cultura galega e os devolve ao presente, reafirmando o compromiso da editorial coa creación, a memoria e a transmisión cultural desde 1950.
A colección reúne volumes clave da literatura, o pensamento e a cultura galega. Entre eles atópanse As poetas da colección Salnés, con introdución e escolma de Patricia Arias Chachero; A cociña galega, de Álvaro Cunqueiro, con limiar de Javier Olleros e ilustracións de Maruxa Caeiro; Leccións de gaita, de Enrique Otero Covelo, en edición de Xaime Estévez Vila; ou No lindeiro do bosque. A tradución nos primeiros anos de Grial, con introdución e escolma de Tamara Andrés e Ana Luna Alonso.
A Biblioteca 75 aniversario complétase tamén con Lonxe de nós e dentro e outras páxinas, de Camilo Gonsar, con introdución de Antía Yáñez; Dar voz ao teatro galego. O premio Castelao de teatro 1964-1967, con introdución de Cristina Domínguez Dapena; Sempre en Galiza. Escolma posible, de Castelao, en edición de Henrique Monteagudo e con introdución de Xosé Manuel Dasilva; Antoloxía do conto galego de tradición oral, de Maruxa Barrio e Henrique Harguindey, con introdución de Antonio Reigosa e ilustracións de Agustina Shuan; Os Toribios, de Carlos Casares, con ilustracións de Sandra Lodi e limiar de Montse Pena; e 8 ensaios sobre Rosalía, con textos de María do Cebreiro Rábade Villar, Xoán Rof Carballo, Ramón Piñeiro, Celestino Fernández de la Vega, Domingo García-Sabell, Ricardo Carballo Calero e Luís Pimentel.
Con esta iniciativa, Galaxia pon en valor 75 anos de traxectoria editorial recuperando obras fundamentais; agora dispoñibles cunha promoción especial da Biblioteca 75 aniversario, válida ata o 21 de xuño.
Tanto se queres adquirir a colección completa como se só lle tes botado o ollo a unhas poucas obras, interésache.
Só tes que enviar un correo electrónico a pedidos@editorialgalaxia.gal indicando os títulos que queres adquirir, o teu enderezo, DNI, teléfono e número de conta.