Estás aquí:

Código: 19120

Leccións de Gaita

22,00  IVE INCLUIDO

Edición de Xaime Estévez Vila

Coa celebración do seu 75 aniversario, Editorial Galaxia recupera o espírito innovador que demostrou nas súas publicación desde 1950 traendo aos lectores e lectoras do século XXI moitas destas obras innovadores que supuxeron unha renovación do mundo cultural galego e, por extensión, tamén da súa sociedade.
O terceiro volume desta colección conmemorativa é a reedición do método para gaita de Enrique Otero Covelo (Vigo, 1930-2013), coñecido como de O Gaiteiro do Frago. Leccións de gaita, publicado por Editorial Galaxia en 1978, que se completa co cuarto curso, rexistrado por Otero en 1980, mais inédito para o público.
Esta metodoloxía, próxima a facer o medio século de existencia, marcou un fito nas edicións pedagóxicas da música galega e da aprendizaxe da gaita galega en par- ticular. Enrique Otero foi o primeiro gaiteiro da tradición en realizar unha proposta semellante xuntando os seus coñecementos e experiencia como músico da Banda Municipal de Vigo, onde tocaba o bombardino, coa súa militancia na tradición musi- cal en grupos da contorna, pero recoñecidos en Galicia enteira, como Os Cruceiros.
Entre outras atopamos pezas tan senlleira coma “Alborada de Pontecaldelas”, “Muiñeira de Chantada”, “Marcha doantigo Reino de Galicia”, “Foliada de Monforte” e “Foliada de Tenorio”.
Estas leccións de gaita é, pois, a referencia fundamental na pedagoxía da gaita galega, e a súa reedición, co engadido do curso cuarto, fai xustiza ao mestre Otero, artífice desta proposta que, sen dúbida, permitiu poñer as bases de futuro para a meto- doloxía do estudo instrumental da música galega.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 116
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 18/04/2025
Dimensións 210 x 297 mm.
Colección: Biblioteca 75 anos
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-1176-398-1
Observacións:

AUTORES/AS

Otero Covelo, Enrique
Henrique_Otero (002)

(Lavadores 1930-Vigo 2013) Coñecido co alcume do Gaiteiro do Fragoso.  Formou  parte da Banda Municipal de Vigo e do grupo Os Cruceiros, co que gravou cinco discos. En 1971 converteuse no primeiro mestre gaita no Conservatorio de Vigo, logrando que o Ministerio de Educación recoñecese o estudo oficial da gaita galega. Compuxo máis de trescentas obras e as súas Leccións de Gaita  foron o primeiro método para a aprendizaxe do instrumento.

As súas obras

Leccións de Gaita
9788411763981
22.00€ CON IVE

COLECCIÓN

Biblioteca 75 anos

A cociña galega
9788411763936
21.00€ CON IVE
As poetas da colección Salnés
9788411763813
18.50€ CON IVE
Leccións de Gaita
9788411763981
22.00€ CON IVE