(Lavadores 1930-Vigo 2013) Coñecido co alcume do Gaiteiro do Fragoso. Formou parte da Banda Municipal de Vigo e do grupo Os Cruceiros, co que gravou cinco discos. En 1971 converteuse no primeiro mestre gaita no Conservatorio de Vigo, logrando que o Ministerio de Educación recoñecese o estudo oficial da gaita galega. Compuxo máis de trescentas obras e as súas Leccións de Gaita foron o primeiro método para a aprendizaxe do instrumento.