Estás aquí:

Código: 19175

Dar voz ao teatro galego. O premio Castelao de teatro 1964-1967

23,50  IVE INCLUIDO

Introdución de Cristina Domínguez Dapena.

Coa celebración do seu 75 aniversario, Editorial Galaxia recupera o espírito innovador que demostrou nas súas publicacións dende 1950, traendo ao lectorado de hoxe moitas destas obras que supuxeron unha renovación do mundo cultural galego e, por extensión, tamén da súa sociedade, grazas á Biblioteca 75 anos. O novo volume desta colección conmemorativa é Dar voz ao teatro galego o premio castelao de teatro 1964-1967, cunha introdución Cristina Domínguez Dapena. A Agrupación Cultural O Galo, a primeira asociación cultural da época legalmente constituída, impulsou en 1964 unha importante iniciativa: a convocatoria do primeiro Premio Castelao de Teatro Galego. Na súa primeira convocatoria o premio recaeu na peza Cando morren os farois, de Ángel de la Peña, un coñecido locutor da compostelá Radio Galicia, obra inédita ata a actualidade. Na súa segunda edición o premio foi concedido a Jenaro Mariñas del pola peza A revolta, e na seguinte, a do ano 1966, o premio foi declarado deserto. Na derradeira edición, a de 1967, a obra gañadora foi a peza de Xohana Torres, Un hotel de primeira sobre o río. Estas dúas obras foron publicadas no seu intre pola editorial Galaxia. O que van ler neste volume son, polo tanto, tres pezas de teatro creadas cunha clara vontade de contribuír á lingua e á cultura galegas, escritas con traballo, ilusión, compromiso e respecto. As tres persoas autoras compartían un fondo compromiso co teatro, aínda que cada unha o abordase desde unha perspectiva diferente.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 348
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 05/09/2025
Dimensións 150 x 220 mm.
Colección: Biblioteca 75 anos
Nº na colección: 7
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-1176-484-1
Observacións:

AUTORES/AS

Mariñas del Valle, Jenaro
jenaro_marinhas_del_valle

nado na Coruña en 1908 e finado na mesma cidade en 199,  foi un novelista, poeta, ensaísta e dramaturgo galego. Na década de 1920 viron a luz poemas seus na revista Vida Gallega e realizou colaboracións xornalísticas en A Nosa Terra, La Voz de Galicia ou El Noroeste, ademais de formar parte do Consello Consultivo da revista Nós. Membro da Real Academia Galega dende 1978 ata 1191 , en que renunciou ao seu posto.  A súa obra comprende principalmente producións dramáticas ou textos teóricos sobre o feito escénico. Boa parte das súas pezas viron a luz en publicacións como Grial. A obra “A revolta e outras farsas”  foi presentada, por amigos e sen o autor sabelo, ao Concurso de Teatro Galego Castelao, en que obtivo o primeiro premio e sendo publicado por Galaxia en 1965.

As súas obras

Dar voz ao teatro galego. O premio Castelao de teatro 1964-1967
Dar voz ao teatro galego
23.50€ CON IVE
Torres, Xohana
Xohana-Torres-último-196x220

Naceu en Santiago de Compostela en 1931 e faleceu en Vigo o 12 de setembro de 2017.

É autora das pezas teatrais A outra banda do Iberr (1965), gañadora do Premio Castelao do Teatro Galego da Agrupación Cultural O Galo, e mais Un hotel de primeira sobre o río (1968). Asinou tamén a novela Adiós, María (1971), Premio Galicia do Centro Galego de Buenos Aires, e que, malia a ser a súa única incursión na narrativa para adultos, está considerada un dos clásicos do noso tempo.

Como poeta, estreouse na colección Illa Nova con Do sulco (1957), ou que lle seguirían despois Estación ao mar (1980), Premio da Crítica española en 1981, Tempo de ría (1992) e Elexía a Lola (2016). Todas elas obras que a converterían nun dos grandes nomes da última metade do século XX, rachando moldes e converténdose nun facho inmorrente xeración tras xeración.

Xa no eido da literatura infantil, publicou Polo mar van as sardiñas (1968) e Pericles e a balea (1984), e foi unha das pioneiras na tradución de obras deste xénero ao galego, publicadas todas elas na Editorial Galaxia. Tamén a radio foi outra das linguaxes que cultivou cando, en 1963, dirixiu en La Voz de Vigo o primeiro programa cultural radiofónico completamente en galego, Raíz e tempo.

En outubro de 2001, ingresou na Real Academia Galega a proposta Salvador García-Bodaño Zunzunegui, Xosé Luís Méndez Ferrín e Xosé Luís Franco Grande, pronunciado o discurso Eu tamén navegar, texto fundamental para o feminismo do noso tempo.

As súas obras

Pericles e a balea
pericles-e-a-balea
11.10€ CON IVE

COLECCIÓN

Biblioteca 75 anos

A cociña galega
9788411763936
21.55€ CON IVE
Antoloxía do conto galego de tradición oral
9788411764735
22.60€ CON IVE
As poetas da colección Salnés
9788411763813
19.00€ CON IVE
Dar voz ao teatro galego. O premio Castelao de teatro 1964-1967
Dar voz ao teatro galego
23.50€ CON IVE
Leccións de Gaita
9788411763981
22.60€ CON IVE
Lonxe de nós e dentro e otras páxinas
Lonxe de nos e dentro e outras paxinas
19.50€ CON IVE
No lindeiro do bosque. A tradución nos primeiros anos de 'Grial'
No lindeiro do bosque
21.50€ CON IVE
Sempre en Galiza. Escolma posible
9788411764155
22.60€ CON IVE