Estás aquí:

Código: 1917

Pericles e a balea

10,50  IVE INCLUIDO
Esta é a historia de Pericles, un churreiro moi especial.
Porque hai churreiros e churreiros, e este era diferente a todos. E tiña un can que se chamaba Argos e que vai acompañalo nas súas aventuras. Mais, tamén, é a historia da balea Tálata. Mergúllaste con todos eles no mar?

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 32
Deseño: Rústica
Data Publicación:
Dimensións 210 x 180 mm.
Colección: Árbore
Nº na colección: 7
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-184-7
Observacións:

AUTORES/AS

Torres, Xohana
Xohana-Torres-último-196x220

Naceu en Santiago de Compostela en 1931 e faleceu en Vigo o 12 de setembro de 2017.

É autora das pezas teatrais A outra banda do Iberr (1965), gañadora do Premio Castelao do Teatro Galego da Agrupación Cultural O Galo, e mais Un hotel de primeira sobre o río (1968). Asinou tamén a novela Adiós, María (1971), Premio Galicia do Centro Galego de Buenos Aires, e que, malia a ser a súa única incursión na narrativa para adultos, está considerada un dos clásicos do noso tempo.

Como poeta, estreouse na colección Illa Nova con Do sulco (1957), ou que lle seguirían despois Estación ao mar (1980), Premio da Crítica española en 1981, Tempo de ría (1992) e Elexía a Lola (2016). Todas elas obras que a converterían nun dos grandes nomes da última metade do século XX, rachando moldes e converténdose nun facho inmorrente xeración tras xeración.

Xa no eido da literatura infantil, publicou Polo mar van as sardiñas (1968) e Pericles e a balea (1984), e foi unha das pioneiras na tradución de obras deste xénero ao galego, publicadas todas elas na Editorial Galaxia. Tamén a radio foi outra das linguaxes que cultivou cando, en 1963, dirixiu en La Voz de Vigo o primeiro programa cultural radiofónico completamente en galego, Raíz e tempo.

En outubro de 2001, ingresou na Real Academia Galega a proposta Salvador García-Bodaño Zunzunegui, Xosé Luís Méndez Ferrín e Xosé Luís Franco Grande, pronunciado o discurso Eu tamén navegar, texto fundamental para o feminismo do noso tempo.

As súas obras

Pericles e a balea
pericles-e-a-balea
10.50€ CON IVE

COLECCIÓN

Árbore

A citación
foto
3.00€ CON IVE
A encrucillada da torre
foto
esgotado
A lúa non está á venda
a lua non esta a venta
3.00€ CON IVE
A pel do mundo
a-pel-do-mundo
10.90€ CON IVE
As aventuras de Billy Joe
foto
13.20€ CON IVE
Bestiario doméstico
bestiario-domestico
11.80€ CON IVE
A casa do paralelo 54
a-casa-do-paralelo-54
14.70€ CON IVE
Dadá, o amigo invisíbel
Dada-o-amigo-invisibel
11.80€ CON IVE