Estás aquí:

Código: 19437

BEGO E O MUNDO DO REVÉS

13,80  IVE INCLUIDO

LETRAS GALEGAS 2026

Ilustracións: ALBA STINSON

A Bego encántalle estar coa súa panda baixo o carballo que medra a carón da súa casa, no barrio do Calvario. Tamén os acompaña Circe, unha gata máxica con ollos amarelos de cacharela, de chupa-chups de limón. A súa vida trascorre feliz, pero murcha polas noites, cando non é quen de coller o sono e precisa da súa nai, que a calma contándolle historias doutros tempos e doutros lugares. Unha mañá, a profesora de Francés da escola comeza a facer cousas estrañas...

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 102
Deseño: Rústica
Data Publicación: 23/09/2026
Dimensións 130 X 200 mm.
Colección: Árbore
Nº na colección: 282
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-1176-568-8
Observacións:

AUTORES/AS

Collazo López, Iria
Foto Iria Collazo López

(1981) naceu en Barro, na mesma terra onde Celeste daba
en turrar pola cavadora, e desde os sete anos reside en Moaña, a carón do mesmo
mar en que Antón nunca foi quen de faenar.

É profesora de Ensino Secundario e, como dicía súa avoa, “literata”, con varias
obras publicadas: Coma unha áncora (2015), A soidade das medusas (2016) e A casa
do paralelo 54
(2019), todas na colección Costa Oeste de Editorial Galaxia. En 2020
publicou o poemario De casa queimada, gañador do segundo premio do certame
Torre da Caldaloba. En 2021 recibiu a I Bolsa Intercambio Xacobeo 21 Galicia-
Xeorxia e, grazas á estadía dun mes na Writer’s House de Tbilisi, puido rematar Os
mortos que amei
, dedicada á memoria dos seus avós.

En 2026 publica A muller de mentira, obra gañadora do Premio García Barros 2026.

As súas obras

A casa do paralelo 54
a-casa-do-paralelo-54
15.50€ CON IVE

COLECCIÓN

Árbore

A citación
foto
10.00€ CON IVE
A encrucillada da torre
foto
esgotado
A lúa non está á venda
a lua non esta a venta
12.00€ CON IVE
As aventuras de Billy Joe
foto
13.85€ CON IVE
BEGO E O MUNDO DO REVÉS
Bego e o mundo do reves
13.80€ CON IVE
Bestiario doméstico
bestiario-domestico
13.15€ CON IVE
A casa do paralelo 54
a-casa-do-paralelo-54
15.50€ CON IVE
Castelao segundo Rañolas. Vida e obra de Castelao
foto
esgotado