Frederik Hetmann, pseudónimo de Hans Christian Kirsch, naceu na cidade polaca de Wroclaw no ano 1934, pero desde 1949 vive en Alemaña. Estudou Pedagoxía, Filoloxía e Ciencias Políticas. Foi profesor e durante moito tempo traballou na radio e na televisión. Como escritor, despois dalgunhas incursións no campo da lírica, acabou dedicándose fundamentalmente á literatura xuvenil, na que mantén sempre unha clara inclinación cara aos temas de tipo social. A calidade da súa obra literaria foi recoñecida cos máis importantes premios que se conceden no seu país, entre eles o dedicado ao mellor libro xuvenil de cada ano.