Estás aquí:

Código: 19113

A cociña galega

21,00  IVE INCLUIDO

Coa celebración do seu 75 aniversario, Editorial Galaxia recupera o espírito innovador que demostrou nas súas publicacións dende 1950 traendo, aos lectores e lectoras do século XXI moitas destas obras innovadores que supuxeron unha renovación do mundo cultural galego e, por extensión, tamén da súa sociedade.
O segundo volume desta colección conmemorativa é A cociña galega, de Álvaro Cunqueiro, publicado en 1973 por vez primeira, e que agora se recupera cun limiar de Javier Olleros, cociñeiro do restaurante Culler de Pau, no Grove recoñecido, con dúas estrelas Michelin, e con ilustracións de Maruxa Caeiro.
Comeza Cunqueiro citando a un gran “gourmet”, que dicía que “se todos os homes se nutren, soamente uns poucos saben comer”. Cunqueiro sabía comer, sabía o que comía, coñecías os produtos e a súa historia e, neste libro escribe, as mellores páxinas sobre a gastronomía galega, co seu saber enciclopédico e cun fermoso alento literario. Transitan por estas páxinas lampreas, queixos, mariscos, empanadas, porcos, caldos, verduras... e, por suposto, os viños; el, que afirmaba que podía darlle unha volta ao país coa cunca do seu apelido na man.
Como afirma Javier Olleros nos seu entusiasta e emotivo limiar, a nosa gastronomía está moi ligada a un feito cultural: a maneira de comer. A comida como recordo, como fío que achega ao fogar, ao noso contorno, a aquilo que nos identifica e no que nós recoñecemos. Para Cunqueiro: “O importante, a comida, o territorio, a memoria, a identidade, o coidado, o pensamento e a imaxinación son valores que respaldan a potencia dunha gastronomía”.
Viva A cociña galega, de Álvaro Cunqueiro, como lectura universal e contemporánea!
Bo proveito!

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 176
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 07/04/2025
Dimensións 220 x 150 mm.
Colección: Biblioteca 75 anos
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-1176-393-6
Observacións:

AUTORES/AS

Cunqueiro, Álvaro
Alvaro-cunqueiro-196x220

Álvaro Cunqueiro (Mondoñedo, 1911-Vigo, 1981) dedicouse desde moi novo á literatura e ao xornalismo. Coa súa mestría estilística, o seu libérrimo uso das convencións literarias e a súa capacidade de integración de diferentes tradicións culturais, Cunqueiro anovou fondamente a literatura galega. Da súa obra escrita en galego destacan títulos coma Merlín e familia, As crónicas do sochantre, Escola de menciñeiros, Don Hamlet e Herba aquí e acolá.

As súas obras

No obradoiro do fabulador. Artigos en lingua galega. Faro de Vigo, 1972-1981.
no-obradoiro-do-fabulador-vol-ii
27.20€ CON IVE

COLECCIÓN

Biblioteca 75 anos

A cociña galega
9788411763936
21.00€ CON IVE
As poetas da colección Salnés
9788411763813
18.50€ CON IVE