Estás aquí:

Código: 19105

As poetas da colección Salnés

18,50  IVE INCLUIDO

Poemas de Xohana Torres; María do Carme Kruckenberg; Pura Vázquez; María Manuela Couto e Anne Marie Morris

Coa celebración do seu 75 aniversario, Editorial Galaxia recupera o espírito innovador que demostrou nas súas publicacións dende 1950 traendo aos lectores e lectoras do século XXI moitas destas obras que supuxeron unha renovación do mundo cultural galego e, por extensión, tamén da súa sociedade. Esta colección conmemorativa ábrese co presente volume: As poetas da colección Salnés.

En 1961 a editorial crea unha colección de poesía en lingua galega, a colección Salnés. Nela publicarán as poetas escolmadas pola profesora Patricia Arias Chachero, responsable tamén do limiar. Todas de procedencias e estilos moi variados, son, María do Carme Kruckenberg, que asina Canaval de ouro en 1962; Pura Vázquez, en 1963 con A saudade i outros poemas; e María Manuela Couto Viana e Anne Marie Morris, dúas poetas alófonas, autoras de Frauta lonxana (1964) e Voz fuxitiva (1965), respectivamente. A elas cómpre sumar Xohana Torres, que se inclúe nesta antoloxía porque é a primeira muller en publicar en Galaxia e porque tivo intención de publicar en Salnés, malia non facelo. Cómpre ler os poemas desta escolma tendo moi presente o contexto en que foron pensados, escritos e publicados. Apareceron nunha sociedade fortemente patriarcal onde o discurso católico tradicional definía e condicionaba o sentir e o actuar das mulleres. Só así poderemos valorar a modernidade e importancia do seu traballo. Foron as primeiras, as que romperon barreiras e superaron prexuízos, as que abriron as portas
para todas as que vimos detrás. Fixérono cravando a vista nos poucos referentes femininos de que dispuñan, con sororidade, apoiándose unhas nas outras.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 120
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 15/02/2025
Dimensións 150 x 220 mm.
Colección: Biblioteca 75 anos
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-1176-381-3
Observacións: Introdución e escolma de Patricia Arias Chachero

AUTORES/AS

VV.AA.

As súas obras

Grial 183
grial
12.00€ CON IVE

COLECCIÓN

Biblioteca 75 anos

As poetas da colección Salnés
9788411763813
18.50€ CON IVE