Guía da Galiza máxica, mítica e lendariaVítor VaqueiroUn compendio ben estructurado e completo que informa e engaiola o lector co relato dos enigmas e segredos da Galicia eterna Longos anos de estudio e de preparación precederon esta singular guía, anos de viaxes por Galicia, lendo e escoitando, recollendo o sabido e descubrindo o esquecido. Nunha primeira parte, familiarízanos o autor coa “Ollada marabillosa” presentando sitios, personaxes e feitos que constitúen o universo máxico deste país fisterrán e das súas xentes: castros e tesouros, meigas e encantamentos, a santa compaña e os lobos. Na segunda parte -“O lugar da lenda”- amósanse as tradicións vencelladas a lugares concretos: desde Abegondo ata Xinzo de Limia, pasando por San Andrés de Teixido, Santiago, Mondoñedo e toda a xeografía máxica de Galicia. Con máis de 200 fotografías e gravados e 50 mapas de localización, esta Guía da Galiza máxica é un gozo non soamente polo seu contido, senón tamén por unha presentación gráfico-visual que ameniza a lectura. |
RecensiónsDetalles
Noticias relacionadasSalón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra2012-06-08 12:13:40
Obras do autor en catálogo
Actividades relacionadasMesa redonda sobre o tema LUGARES MÁXICOS2012-03-12 19:30:00
Novidades
| |||||||||||||||||||||||||
|