Editorial Galaxia, Premio de Honra dos Editores Galegos nos Premios Follas Novas 2026, cunha destacada presenza entre as obras finalistas

A Editorial Galaxia vén de ser recoñecida co Premio de Honra da Asociación Galega de Editoras nos Premios Follas Novas do Libro Galego 2026, unha distinción que celebra a súa traxectoria no ano do seu 75 aniversario e recoñece a súa contribución ao desenvolvemento da cultura galega. Ademais deste recoñecemento, Editorial Galaxia conta cunha destacada […]

Galaxia recibe o Premio da Cultura Galega 2025

Editorial Galaxia vén de recibir o Premio da Cultura Galega 2025 no ámbito das letras, un recoñecemento á súa traxectoria de 75 anos ao servizo da cultura galega e da edición en lingua propia. A entrega tivo lugar no Parador de Santo Estevo, en Nogueira de Ramuín, nunha cerimonia que reuniu a algúns dos principais […]

Presentación de “Asasinato no muíño do cura”, en Santiago de Compostela

O xoves 9 de abril, celebrarase, ás 20 h, na sala Ámbito Cultural de El Corte Inglés, a presentación de Asasinato no muíño do cura, de Arantza Portabales. Acompañando a autora, estarán Laura Lojo, catedrática de Filoloxía Inglesa; e Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia. O venres 10 estará, ás 19:30 h, na libraría […]

No pasamento de Manuel Caamaño Suárez

Lamentamos o pasamento de Manuel Caamaño Suárez, ex membro do Consello de Administración de Editorial Galaxia e figura destacada do galeguismo político e cultural. Nado en Noia en 1936, foi un home fondamente comprometido con Galicia, e unha referencia na defensa do patrimonio e da cultura galega. Desde Editorial Galaxia enviamos o noso pesar á […]