A programación de Galaxia en Cidade de Libro

Categoría: Nova

Do 10 ao 11 de xuño, Editorial Galaxia estará presente en Cidade de Libro, en Vilagarcía de Arousa, cunha programación moi diversa.

A programación comezará o martes 10 de xuño, ás 18:00 horas, coa sinatura de exemplares de Odio, de Gabriel Romero de Ávila, obra gañadora do I Premio Xosé Neira Vilas de Literatura Xuvenil. O autor atoparase coas lectoras e lectores para conversar sobre a novela e dedicar exemplares.

Ese mesmo día, ás 19:30 horas, terá lugar a presentación de Andrés do Barro. A xénese do pop en galego, de Fernando Fernández Rego. Ademais, desde as 19:00 horas participará nunha sesión de sinaturas.

Ás 20:30 horas celebrarase unha nova edición das Conversas ao solpor baixo o título A palabra que canta: cando a música se escribe, un encontro que reflexionará sobre os vínculos entre literatura e música coa participación de Sés, Miqui Puig e Fernando Fernández Rego.

O xoves 11 de xuño, ás 19:00 horas, presentarase As humidades, de Alba Tomé, novela finalista do Premio Illa Nova; e posteriormente asinará exemplares da obra.

Tamén o xoves, ás 19:00 horas, a escritora Arantza Portabales protagonizará unha sesión de sinaturas arredor das súas novelas. A continuación, ás 20:30 horas, participará na conversa Por que nos atraen tanto as sombras?, xunto a Susana Pedreira, Nieves Abarca e César Pérez Gellida, nun diálogo arredor do fenómeno da novela negra.

Comparte nas túas redes sociais ou por email