Fernández Rego, Fernando

Fernando-Fernandez-Rego
Fernández Rego, Fernando

(Ferrol) é licenciado en Química pola USC e traballa como profesor de educación secundaria. Ademais é administrador da web musical LaFonoteca.net, coordinador da sección de música da revista Grial, escribe para Mondosonoro, Luzes e Rockdelux e colabora con múltiples plataformas, tanto dixitais como impresas.

Publicou a novela Desorden (2009) –un tratado de existencialismo pospunk–, abarcou o relato e a poesía en Blues From A Gun. Secuencias interiores (2011), publicou ensaios como o libro-CD 50 Anos de pop, rock e malditismo na música galega (2010) e Galicia en clips (2012), este último xunto a Pablo Portero; e tamén biografías como a da banda de Lugo Los Contentos, Cuando Ríes. Los Contentos (Unos Malditos Pioneros del Garage) (2014), xunto a Piti Sanz, e a de Andrés do Barro, Andrés do Barro. Saudade (2015). En 2019 publicou Unha Historia da música en Galicia 1952-2018 (Galaxia, 2019). Xunto a Sergio Peck (Carrero Bianco) é o responsable do selo discográfico Ferror Records.

As súas obras

Unha historia da música en Galicia. 1952-2018
unha-historia-da-musica-en-galicia
esgotado
Suso Vaamonde. A canción libre e comprometida dun pobo
9788491518273
24.00€ CON IVE