Do 11 ao 14 de xuño, a Alameda de Redondela acollerá unha nova edición da Feira do Libro, cunha programación que inclúe postos de venda, encontros con autoras e autores, actividades familiares, presentacións, sinaturas de exemplares e teatro. As librarías participantes ofrecerán, ademais, un 10 % de desconto en todos os libros.
Editorial Galaxia participará na feira con varias propostas:
O venres 12 de xuño, ás 11 h, celebrarase unha sinatura con Juan Galán arredor de Rotspanier, na caseta da Libraría Porto.
Ese mesmo día, ás 18 h, Alexandre Senande e Andrés Castro asinarán exemplares de Sentinelas, partes 1 e 2, na caseta da Libraría Pedreira.
O sábado 13 de xuño, ás 19:30 h, celebrarase un encontro arredor de Do baile da gaita á muiñeira, de Julio Alonso. Baixo o título Da tradición popular á construción dun símbolo colectivo, a actividade contará coa interpretación musical da gaiteira Rebeca Carrera.
A Feira do Libro de Redondela abrirá as súas portas en horario de mañá, de 11:00 a 14:00 horas, e de tarde, de 17:00 a 21:00 horas.
Galaxia convida todas as lectoras e lectores a achegarse á Alameda de Redondela e participar nesta cita arredor do libro e da cultura.