Editorial Galaxia continúa esta fin de semana na Feira do Libro de Santiago cunha programación de actividades arredor da literatura, a memoria, a ilustración e a creación.
A feira celébrase no Paseo central da Alameda de Santiago de Compostela.
Venres, 8 de maio
17:30 h
Obradoiro “Unha aventura máxica con Rosalía”, actividade de cómic con Paula Mayor arredor de Rosalía oculta (a partir de 8 anos).
18:00 h
Sinatura de Sentinelas (partes 1 e 2), con Alexandre Senande e Andrés Castro, na caseta da Libraría Pedreira.
18:30 h
Actividade “Perpetuando a José Suárez”, do proxecto de Olaia Sendón arredor da memoria fotográfica.
19:30 h
Conversa arredor de As tolas que non o eran e Rotas, con Carmen V. Valiña e Montse Fajardo.
Sábado, 9 de maio
12:00 h
Sinatura de Punto de araña, con Nerea Pallares, na caseta da Secretaría da Feira.
Domingo, 10 de maio
18:30 h
Conversa “Ficcionar a dor”, con Ana Varela e Aurelio Serrano. Modera María Nieto.
20:30 h
Mesa redonda “Falamos de Begoña Caamaño”, arredor das obras Volveredes brindar por min, O transgredir das ondas e Begonha Caamanho, uma das nossas.
Unha oportunidade para achegarse ás novidades editoriais e compartir lecturas no corazón de Santiago.