Estás aquí:

Código: 19376

VOLVEREDES BRINDAR POR MIN. UNHA BIOGRAFÍA DE BEGOÑA CAAMAÑO

15,40  IVE INCLUIDO

A partir de arquivos persoais, conversas e lembranzas compartidas, álbums íntimos, rastros documentais dispersos, apuntamentos e pegadas en soportes singulares, Ana Romaní e María Xesús Nogueira ofrécennos “unha” biografía de Begoña Caamaño, para chegar a unha obra, a unha peripecia vital, que fala da xornalista que foi, das preocupacións que sedimentaron o seu traballo e a súa visión dos medios de comunicación. Este é, pois, un exercicio de reconstrución colectivo desde a confianza e a complicidade, co apoio imprescindible da rede de relacións que a escritora e xornalista xerou na súa vida, escrito a catro mans polas que foron amigas súas, a través de desemellantes memorias que configuran unha visión de conxunto.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 246
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 15/04/2026
Dimensións 210 X 135 mm.
Colección: Letras Galegas
Nº na colección:
Edición: 1ª ediciónª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-1176-589-3
Observacións:

AUTORES/AS

Nogueira, María Xesús

(Berres, A Estrada, 1968) é profesora de Literatura Galega da USC e crítica literaria. Desde hai anos vén ocupándose da poesía galega contemporánea en libros como 13. Antoloxía da poesía galega próxima (2017) e Xela Arias. Poesía reunida (2018), entre outros, e profundando na relación entre os procesos de creación literaria e o xénero.

As súas obras

VOLVEREDES BRINDAR POR MIN. UNHA BIOGRAFÍA DE BEGOÑA CAAMAÑO
VOLVEREDES BRINDAR
15.40€ CON IVE
Romaní, Ana
ana

Ana Romaní (Noia, 1962) publica no ano 1987 o seu primeiro libro de poemas Palabra de Mar. Despois editaríanse Das últimas mareas (1994), Arden (1998) e Love Me Tender (2006). Creou e participou en distintos proxectos artísticos, entre eles “Son Delas”, “Lob*s”, “Estalactitas”, “Catro poetas suicidas. Intervención poetica contra a levidade” ou “A voz e o poema. Os periplos de Aviles de Taramancos”. No ano 2003 publica Antón Avilés de Taramancos. Antoloxía (Galaxia). Dirixe desde 1990 o programa de información cultural “Diario Cultural” da Radio Galega, recoñecido co Premio Irmandade do Libro da Federación de Libreiros de Galicia (1992), o Premio Xerais (1999) á cooperación no labor cultural, o Premio San Martiño á Normalización Lingüística e Cultural (2000). Premio da Asociación de Escritores en lingua Galega (2007), Premio ao Fomento da Lectura na modalidade de radio da Federación de Gremios de Editores de España (2007). Polo seu labor profesional recibiu o Premio Atlantida á xornalista radiofónica do Gremi de Editors de Catalunya (2008), Premio de Honra Marisa Soto da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (2009) e Premio á Traxectoria Xornalistica da Asociación de Escritores en Lingua Galega (2009). Premio Nacional de Periodismo Cultural 2018.

As súas obras

Estremas
estre
12.30€ CON IVE

COLECCIÓN

Letras Galegas

A distancia do lobo. Biografía de Uxío Novoneyra
lobo
esgotado
A palabra exacta. Biografía de Lois Pereiro
biog
13.20€ CON IVE
A vida de Ánxel Fole
a vida fole
12.30€ CON IVE
A vida de Eladio Rodríguez
foto
12.00€ CON IVE
A vida de Manuel Murguía
foto
esgotado
A vida de Rafael Dieste
foto
12.00€ CON IVE
A vida de Xesús Ferro Couselo
vida xesus ferro
11.10€ CON IVE
A vida do Padre Sarmiento
vida padre sarmiento
10.60€ CON IVE