
Poeta, narrador e artista. É xornalista e coordinador da «Revista das Letras» e da sección «Maré» do xornal Galicia Hoxe.
A palabra exacta. Biografía de Lois Pereiro (2011) supón a súa cuarta aproximación biográfica a un escritor galego: en 1992, publicou a Fotobiografía de Fermín Bouza Brey, en 2004, en Editorial Galaxia, As tres mortes de Lorenzo Varela e en 2010 A distancia do lobo. Biografía de Uxío Novoneyra. Antón Lopo deuse a coñecer como poeta con Sucios e desexados (1988), Manual de masoquistas (1991) ou Fálame (2003); tamén é autor das novelas As reliquias (1991), Ganga (2001), Obediencia (2010, Premio García Barros) e Extraordinario (2018, Premio de Narrativa Breve Repsol).