PREMIO NARRATIVA BREVE REPSOL 2018
É unha novela sobre as relacións familiares e o amor, pero tamén sobre a aprendizaxe de vivir, a identidade, a liberdade e o pracer. A obra comeza cando o protagonista debe axudar a súa irmá nos coidados da nai, unha muller de carácter inestable coa que el rompeu toda relación hay máis de trinta anos,. A viaxe que emprende non é só á cidade da súa infancia e ao hospital, onde operaron a nai dunha rotura de fémur, senón tamén a un pasado que segue sen resolverse. Narrada como os alustros dun faro sobre a escuridade da noite, Extraordinario posúe unha eficacia narrativa asombrosa, con personaxes que se gravarán na nosa memoria en trazos indelebles, ademais de xogos conmovedores de ironía e humor. Quen entre neste libro non poderá saír ata absorber a última palabra.
Poeta, narrador e artista. É xornalista e coordinador da «Revista das Letras» e da sección «Maré» do xornal Galicia Hoxe.
A distancia do lobo. Biografía de Uxío Novoneyra supón a súa terceira aproximación biográfica a un escritor galego: en 1992, publicou a Fotobiografía de Fermín Bouza Brey e, en 2004, en Editorial Galaxia, As tres mortes de Lorenzo Varela. Antón Lopo deuse a coñecer como poeta con Sucios e desexados (1988), Manual de masoquistas (1991) ou Fálame (2003); tamén é autor das novelas As reliquias (1991) e Ganga (2001).
En 2010 recibiu o Premio García Barros pola novela Obediencia.